O PP acusa ao alcalde de Ames de corrupción urbanística

Os conservadores reclaman a Carlos Fernández que publique a súa declaración de bens. O edil nega as acusacións e explica que mercou os pisos mediante hipotecas.

Por Galicia Confidencial | Milladoiro | 24/03/2011 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

O alcalde de Ames tomou decisións urbanísticas que benefician á empresa na que traballou até o comezo desta lexislatura. Despois, o alcalde procedeu a mercar dous pisos ao mesmo empresario que era o seu xefe. Esta é a denuncia lanzada polos conservadores galegos contra o socialista Carlos Fernández.

De acordo á versión do PPdeG, o Concello de Ames procedeu a modificar as normas urbanísticas das zonas S-14 e S-15. Parte dos terreos que aumentaron do valor pertencen a empresas de Luís Lugo, empresario tamén na sociedade Obras y Edificaciones Boa Vila de Pontevedra. O alcalde mercou despois dos pisos en Pontevedra a esta firma.

O socialista, que dará hoxe explicacións polo miúdo en rolda de prensa, xa rebateu as acusacións. En declaracións á Ser, Carlos Fernández explica que traballou nunha empresa privada durante os primeiros meses como alcalde até que o Concello lle aprobou a dedicación exclusiva. O edil admite a compra dous dous pisos en Pontevedra, pero asegura que os mercou de xeito lícito, pagando unha entrada e cunha hipoteca de 100.000 euros cada un.

O PP de Ames reclamoulle que faga pública a súa declaración de bens e a súa declaración da renda. Do contrario, aseguran que pedirán a súa dimisión.

Tanto PPdeG como PSdeG negáronse recentemente no Parlamento de Galicia a facer públicas as declaracións de bens e da renda dos deputados galegos.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

7 ummmmm

O que ten que facer o candidato do PP en Ames que quita-la raia do medio do pelo, que na non se leva e faille parecer un pailaroco.

6 os de sempre

cando pp e psoe néganse a facer públicas os bens e a renda mal asunto,e logo andan dando leccións nos mitins,a culpa é de quen lle aplaude.

5 amiense

Para entender a xestión en Ames do PP que algúen conte quen era don Xosé Astray por favor... que a min dame a risa....se a policía municipal son todos os concelleiros do PP na segunda xeración...se as garderías municipais xestionábaos unha asociación da muller do alcalde... se dos 5 delegados que escolleron a Feijoo 2 eran directivos da inmobiliaria Mahía... calade a boca pepeiros, mellor non remover na merda que é, foi e será o PP de Ames...corrupción, ignorancia e máis corrupción.

1 Xan

Totalmente de acordo contigo, en cada concello de Galicia hai unha constructora vencellada. En Santiago e A Rosaleda con Carlos Perez, fan un de cada dous SUNPS dende que esta Bugallo. PPSOE ou BNG tenhen motisimos politicos corruptos en Galicia.

2 Xan

Totalmente de acordo contigo, en cada concello de Galicia hai unha constructora vencellada. En Santiago e A Rosaleda con Carlos Perez, fan un de cada dous SUNPS dende que esta Bugallo. PPSOE ou BNG tenhen motisimos politicos corruptos en Galicia.

3 amiense

Concordo contigo xan, todos son iguais. Pero que veñan os do PP a predicar ten collóns, e que veñan a predicar honestidade e honorabilidade ten o doble de collóns. Digamos que todos son iguais, pero que os do PP son máis iguais que o resto. E fode. Ademáis se todos son iguais a qué carallo ben darlle unha maioría absoluta na Xunta a uns, e a outros non.

4 Amaeo

Ahí falaches! Nin os que hai agora nin as posibles alternativas son do mellor, pero é que Astray era moito Astray. No fututo aparecerá nas enciclopedias ó lado da entrada "Cacique"...

4 amiense

QUE VEÑEN AS MUNICIPAIS¡¡¡¡ a difamar todo o mundo¡¡¡ que algo queda¡¡¡. Ten collóns que os pepeiros con alcaldes/construtores a esgalla vexan mal que conceda licencias alguén a unha empresa onde traballou anteriormente. E se as concede á empresa onde é propietario?, léase Telmo Sanmartin e varias ducias de alcaldes/construtores do PP. Entón iso non é corrupción?. Santi Amor, en Ames o PP non pode obter maioría porque os caciquiños das parroquias xa están en minoría e o resto ten pensamento crítico e vota a quen lle peta, non só ó PP.

1 Xan

Moi ben, amiense, como os do PP tamen o fan pois os do PSOE tamen poden. Asi nos vai en Galicia. Toda esta xente tinha que estqr na cadea, a ver se nos entyeramos, sexa do partido que sexa. E un bochorno ver o que fixo Fadesa con Paco Vazquez na Corunha ou Constru4 con Telmo Martin en Sanxexo, etc. Non os desculpedes por ser de ningun partido

2 amiense

Pero xan, en Galicia goberna con maioría absoluta o PP, nunca gobernou o BNG nin o PSOE con maioría absoluta. Ó mellor o defecto que tí dis de falla de criterio xa o temos cos corruptos do BNG e do PSOE e faltanos cos corruptos do PP, non cres?.

3 Black Crow

Ames, demasiado pequeño para su ambición, demasiado grande para su capacidad.