Nove persoas ingresan en Urxencias en Vigo ao sufrir intoxicación aguda tras unha cea

Aínda se está investigando a orixe desa intoxicación.

Por E.P. | VIGO | 04/07/2018 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Nove persoas adultas, sete homes e dúas mulleres de orixe chinesa e idades comprendidas entre os 35 e os 50 anos, ingresaron no servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo afectados por intoxicación aguda.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

Tal e como informou o Sergas, os feitos ocorreron sobre as 22,00 horas deste martes, cando estas nove persoas ingresaron en urxencias cun cadro de intoxicación. Tras realizar os correspondentes estudos, catro foron ingresadas na Unidade de Coidados Intensivos, outras catro permanecen en observación en Urxencias e o noveno paciente foi derivado ao Hospital Povisa.

Actualmente, todos "están estables e permanecen en observación, con prognóstico reservado". Aínda se está investigando a orixe desa intoxicación, aínda que inicialmente se vincula a unha cea celebrada nun domicilio particular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta