Luís Villares: o PP será "cómplice" da "corrupción" se vota pola continuidade da valedora

O Parlamento acolle este martes o debate para destituír a Milagros Otero á fronte desta institución, que dependerá dos populares, xa que é necesaria unha maioría cualificada de tres quintos da Cámara.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2018 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, considera que o PP será "cómplice" da "corrupción" da valedora do Pobo, Milagros Otero, se no pleno do Parlamento deste martes non vota a favor da súa destitución á cabeza da institución.

Luís Villares, líder de En Marea
Luís Villares, líder de En Marea

E é que esta cuestión será, entre outros, o asunto principal a tratar na Cámara, despois de que unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulase o nomeamento dunha funcionaria no Valedor ao detectar "desvío de poder" nun proceso interno.

A anulación en cuestión trátase da filla menor do mentor universitario de Otero e á vez irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga. Na súa comparecencia na Comisión de Peticións do Lexislativo a semana pasada, a valedora negou que vaia a dimitir porque, segundo asegura, desvinculouse do proceso. No entanto, todos os grupos da oposición --En Marea, PSdeG e BNG-- piden a súa marcha dunha institución que dirixe desde 2015.

En todo caso, a última palabra tena o Parlamento e, en concreto, o grupo maioritario (PPdeG), que aínda non aclarou cal será o sentido do seu voto. É necesario que unha maioría cualificada de tres quintos da Cámara (45 deputados) para confirmar o seu cesamento, polo que o apoio dos populares resultaría imprescindible.

Ante este escenario, o portavoz de En Marea asegurou que, aínda que as "conexións da valedora co PP son evidentes", lamentou que o voto deste grupo pola súa continuidade "só pode significar que avala esa política de corrupción".

"UN ENGANO FLAGRANTE"

Así, Villares tamén apuntou que as explicacións achegadas pola valedora a pasada semana na Cámara "non só non foron suficientes, senón que ademais supuxeron un engano flagrante".

"Cando di que en xaneiro se apartou do proceso de selección, queda en dúbida porque, con data de marzo, a propia Otero envía un documento no que dá instrucións sobre cales son os méritos a ter en conta para a selección da praza", remachou Villares.

Por iso, esta formaciónl ve "claro" que "non só non se apartou do proceso de selección no que quería colocar á filla do seu mentor", senón que a valedora "participou de forma activa" no procedemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta