Cae Portugal? Os que caen son os de abaixo

Cae Portugal e cae pola aplicación do credo neoliberal, por políticas ditadas exclusivamente polos intereses do capital financeiro.

Por Xosé Mexuto | A Coruña | 09/04/2011

Comparte esta noticia

Cae porque o Estado renunciou hai moito tempo a financiarse sobre a base dos impostos directos, porque son os máis xustos socialmente, e optou polo endebedamento e pola tributación indirecta. Cae nunha operación dirixida non a resgatar o pobo, senón a grande banca internacional acreedora. Cae, pero non caen todos á vez, os que realmente caen son os de abaixo -a xente traballadora-, se é que poden continuar caíndo. A oligarquía continuará a lucrarse. No Estado español tamén, que xa temos a MAFO pedindo que baixen aínda máis os salarios (a crise comezou precisamente pola redución do peso dos salarios medido en percentaxe do PIB).

Isto non pode continuar nin un minuto máis asi. Os neoliberais lévannos ao desastre social e económico. Hai que erguerse de vez frente a eles. Comeza a ser unha cuestión de supervivencia, se queremos continuar vivindo en condicións de certa dignidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Mexuto É xornalista e responsábel de comunicación do BNG, onde traballa no gabinete de comunicación dende 1996. Foi xefe de prensa do BNG no Congreso dos Deputados no período 1996-2003. Antes da súa incorporación ao BNG, Xosé Mexuto traballou nas redaccións de El Ideal Gallego (1987-1988) e La Voz de Galicia (1989-1996). Foi tamén correspondente da axencia Efe na cidade de A Coruña. Ten colaborado con A Nosa Terra e Xornal de Galicia. É coautor, con Jesús Flores, de "A Historia do Deportivo" (Edicións Xerais, 1993). En Xullo de 2006 publicou "A nación galega existe. Conversas con Francisco Rodríguez", obra sobre o líder da UPG.