O Bloque a tope é imparábel

A Convención deíxanos unha frase. O Bloque a tope é imparábel. Pronunciouna Guillerme e realmente resume á perfección o enorme ambiente que se viviu no Pazo de Congresos de Santiago.

Por Xosé Mexuto | Santiago | 29/03/2011

Comparte esta noticia

Máis de 1.500 persoas en bloque na sala e arredor de 5.000 en bloque tamén no ciberespazo, na exitosa estrea de ciberbloqueir@s. Ese é o compromiso de todos os nacionalistas galegos: pormos o Bloque a tope. E polo visto o sábado imos na boa dirección. Un BNG a tope significa que o sector do pobo galego politicamente autoconsciente boga co mesmo rumo. Un BNG a tope significa un BNG que fai política cara a fóra -na procura da sociedade real-, e non cara adentro. Un BNG a tope significa un BNG moderno, un BNG que se adapta ás formas de comunicación de hoxe e que -e aquí cito a unha moza candidata- é a única forza política que verdadeiramente dá protagonismo á mocidade.

O BNG está a tope porque ten sido capaz de colectivamente construír Alternativa, unha Alternativa coherente e integral frente ao bipartidismo globalizador e neoliberal.

Unha Alternativa en todos os campos:

-Na política ante a crise. Con propostas factíbeis e distintas ás que, carimbadas por conservadores de rancio avoengo ou socialdemocratas transmutados en aditos á Escola de Chicago, nos levaron a esta crise.

-Na política local. Concellos para vivir e traballar. Concellos para cooperar entre si, comarcalizando servizos, e non para competir na lóxica sucida do localismo.

-Na política nacional. Co aposta decidida polo autogoberno frente ao centralismo dos neoliberais.

-Na política internacional. Coa defensa do dereito dos pobos a se autogobernaren frente ao imperialismo rampante. Co NON A GUERRA sempre. En 2003, cando o obxectivo do Imperio era a anexión de Iraque. En 2011, cando o alvo a conquistar é Libia.

-Na política ambiental. Coa defensa da Terra frente a enerxía nuclear.

Ter unha Alternativa é a grande forza do BNG neste momento. O que vai pór o BNG a tope. E o que o fai imparábel é a rebeldía dun sector social cada vez máis crecente ante aqueles que, aquí, no Estado e en Europa, entregan a Democracia e a Economía aos Emilio Botín de turno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Mexuto É xornalista e responsábel de comunicación do BNG, onde traballa no gabinete de comunicación dende 1996. Foi xefe de prensa do BNG no Congreso dos Deputados no período 1996-2003. Antes da súa incorporación ao BNG, Xosé Mexuto traballou nas redaccións de El Ideal Gallego (1987-1988) e La Voz de Galicia (1989-1996). Foi tamén correspondente da axencia Efe na cidade de A Coruña. Ten colaborado con A Nosa Terra e Xornal de Galicia. É coautor, con Jesús Flores, de "A Historia do Deportivo" (Edicións Xerais, 1993). En Xullo de 2006 publicou "A nación galega existe. Conversas con Francisco Rodríguez", obra sobre o líder da UPG.