Temas: FARIñA NETFLIX

A serie 'Fariña', sobre o narcotráfico en Galicia, chega a Netflix

Faino logo de cultivar grandes resultados de audiencia durante a súa emisión en Antena 3.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2018 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

A plataforma audiovisual Netflix incorporou este sábado ao seu catálogo de contidos a serie 'Fariña', producida por Atresmedia en colaboración con Bambú Producións e que narra a historia do narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90.

Fariña. ATRESMEDIA - Archivo
Fariña. ATRESMEDIA - Archivo | Fonte: Europa Press

Logo de cultivar grandes resultados de audiencia durante a súa emisión en Antena 3, a serie inspirada no libro homónimo do coruñés Nacho Carretero chega a Netflix unha vez arquivada a demanda presentada polo exalcalde do Grove, Alfredo Bea Gondar, e que motivou o secuestro da publicación durante varios meses.

'Fariña' conta a historia do narcotráfico nas Rías Baixas desde os anos 80, cando os contrabandistas de tabaco comezan a organizar descargas de droga na costa galega. Rodada en Galicia e estreada en televisión a finais do pasado mes de febreiro, a trama pivota ao redor da traxectoria de personaxes como Sito Miñanco (Javier Rei), Manuel Charlín (Antonio Durán 'Morris'), Laureano Oubiña (Carlos Blanco) ou Vicente Otero 'Terito' (Manuel Lourenzo).

Temas: FARIñA NETFLIX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta