O PP insiste en pedir responsabilidades a Caballero

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo pídelle que amose os informes de seguridade.

Por E.P. | VIGO | 14/08/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu a reclamar este martes "todo o expediente" sobre a celebración do festival O Marisquiño, e esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que faga público o informe no que se garantía a seguridade dos asistentes a este evento: "Se non existe, o alcalde ten que marchar".

Elena Muñoz do PP de Vigo na noite electoral do 24M
Elena Muñoz do PP de Vigo na noite electoral do 24M

Así o manifestou a portavoz do grupo, Elena Muñoz, quen criticou que o goberno local non lles achegou "ningunha información" sobre cuestións como a autorización para celebrar un concerto "nun paseo no que a deterioración era evidente", a realización de probas de carga no lugar do evento, ou un informe "que garantise que ese lugar era seguro".

"O paseo afundiuse, e o concerto autorizouno o alcalde", proclamou Muñoz, quen advertiu de que, senón existe ese informe de seguridade, "o alcalde ten que marchar". "Non serve que agora queira desviar a atención", engadiu a concelleira do PP.

Elena Muñoz afirmou que, após un accidente "gravísimo", os cidadáns necesitan saber que o seu alcalde "antepuxo a súa seguridade" á celebración dun evento, porque "pór en risco a vida das persoas non ten xustificación nun representante público".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta