Marta González, do PP, sobre o máster de Casado: "É un problema ficticio"

A vicesecretaria de comunicación dos populares descarta un xiro á dereita co seu novo presidente: "Agora hai máis claridade na mensaxe e unha maior contundencia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2018 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A recentemente nomeada vicesecretaria de comunicación do PP, Marta González, afirmou que a polémica do máster do seu presidente, Pablo Casado, caso elevado a semana pasada ao Tribunal Supremo, é un "problema ficticio creado polos medios e promovido polos partidos para degradar a imaxe dun novo líder ilusionante".

A vicesecretaria de comunicación do PP, Marta González, nunha entrevista. CRTVG
A vicesecretaria de comunicación do PP, Marta González, nunha entrevista. CRTVG | Fonte: Europa Press

Así o expresou a tamén deputada galega no Congreso nunha entrevista concedida este venres á Televisión de Galicia (TVG), na que asegurou que a división no partido "non é certa" porque "unha vez acabou o proceso" para elixir o sucesor de Mariano Rajoy, "todos son compañeiros e membros do PP".

En relación coa nova etapa que comeza o partido con Pablo Casado á cabeza, González expresou que "hai moitísima ilusión e ganas de traballar coa idea de estar preparados para os novos retos" que a sociedade demande. Ademais, a vicesecretaria de comunicación dos 'populares' descartou que, co novo presidente, a formación sufra un xiro á dereita, senón que agora o partido "non se reprime á hora de expresarse": "Hai máis claridade na mensaxe e unha maior contundencia".

Por todo iso, sinalou que o PP fará unha "oposición firme" ao Goberno de Pedro Sánchez porque, engade, o PSOE "está a vivir de réditos "facendo pasar por seus logros que non o son" como os orzamentos ou a oferta pública de emprego, segundo exemplificou González.

"AFASTARSE DE REIVINDICACIÓNS POLÍTICAS"

Así mesmo, a deputada galega apostou por "afastarse de reivindicacións políticas" nos actos polo primeiro aniversario dos atentados de Barcelona e Cambrills, que se deben centrar, segundo as súas palabras, "só nas vítimas". "É un día de tristeza pero tamén de reivindicación da democracia, da liberdade e dos dereitos humanos", sentenciou na entrevista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

o que é ficticio e que o Casado fixera o Master, regaláronllo "por ser vos quien sois"

2 Galegus

Por unha vez estou de acordo co PP. E non falan do CV da muller de Pedro Sánchez, totalmente falso, pero xa ben enchufada.

1 Bieita

Problema e o machismo q hai en política q xente ben formada coma Soraya,Bescansa os de laVega ten q ser suplentes e ineptos coma Casado, Iglesias ² ou Ribera por ser homes ahí a vivir do conto