"Democracia para EH" suma nacionalistas de todos os ámbetos

O TC finalmente fallou a prol dos nacionalistas vascos. Carlos Aymerich, líder do partido galeguista Máis Galiza, súmase ao manifesto crítico coa á ilegalización de Bildu. Texto do manifesto no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/05/2011 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Este mércores 4 de maio presentouse na libraría Couceiro de Santiago de Compostela o manifesto Democracia para Euskal Herria, que denuncia a  “situación de suspensión xeral de dereitos fundamentais e excepcionalidade xurídica” que sofre o País Basco e cuxo último exemplo foi a anulación por parte do Tribunal Supremo das listas electorais da coalición Bildu, formada por dous partidos legais, EA e Alternatiba.

None

Neste acto participaron a xornalista Comba Campoy, a portavoz da iniciativa soberanista Causa Galiza Charo Lopes e a o catedrático emérito da USC, Xosé Manuel Beiras, ex-líder do Bloque. O escrito conta na  con máis de 100 apoios, entre os que se atopan diferentes personalidades dos campos político, sindical e social do noso país. Con todo, son maioría os representantes de organizacións próximas ao nacionalismo galego nas súas diferentes sensibilidades. Destaca a sinatura de Carlos Aymerich, voceiro parlamentar do Bloque e líder de Máis Galiza, partido que representa unha das visións máis moderadas dentro da fronte.

Na presentación desta mañá, a xornalista Comba Campoy definiu este manifesto como “unha iniciativa cidadá xurdida contra un atropelo aos dereitos e liberdades en Euskal Herria”, sinalando ademáis que “na Galiza hai unha masa crítica que considera que isto non pode quedar así”.

Finalmente, Xosé Manuel Beiras declarou ante os medios presentes que a ausencia de Bildu nas urnas o vindeiro 22 de maio fará que estas eleccións sexan “ilexítimas” e sinalou que neste caso “priman os intereses das cúpulas do PP e do PSOE” que contan co obxectivo de “facerse co control das institucións de Euskal Herria”.

O ex portavoz nacional do BNG apuntou que no País Basco “están exercendo a violencia mediante as institucións” e que realmente aos grandes partidos do Estado español “o proceso de pacificación non lles interesa”.

Pola súa banda, Charo Lopes salientou que Democracia para Euskal Herria ten a intención de “explicitar e difundir a reclamación de democracia e de liberdade para o pobo basco a todos os sectores populares galegos”. Lopes sinalou que “as estratexias que hoxe conculcan os dereitos de miles de persoas bascas” tamén se dan na Galiza, sendo algunhas desas fórmulas a “coacción aos movementos populares á hora de loitar contra os intereses da administración española ou de empresas privadas” ou a “criminalización e persecución da militancia soberanista e independentista”.

Velaquí o texto do manifesto:

As cidadás e cidadáns galegos abaixo asinantes, á vista do cesamento do fogo “permanente, xeral e verificábel” que a ETA anunciou no 10 de Xaneiro, achamos que decaeron totalmente as xustificacións que o Estado español viña empregando para perpetuar en Euskal Herria unha situación de suspensión xeral de dereitos fundamentais e excepcionalidade xurídica. Demandamos pois que se restabelezan con carácter universal e de urxencia todos os dereitos individuais e colectivos para todas as persoas en Euskal Herria e manifestamos:

1.- Conscientes do carácter negativo que teñen para a sociedade galega os actuais procesos de recentralización política e económica, desexamos alzar a nosa voz para que todos os pobos exerzan todos os seus dereitos e liberdades sen restricións.

2.- Que achamos inaceptábel a instrumentalización política que o Estado español fai da Xustiza para limitar ou suspender os dereitos e as liberdades democráticas da sociedade basca, como o dereito de reunión, a constituír partidos políticos e a concorrer nos procesos electorais. Na medida en que o Estado español mantiver a súa posición inmobilista no conflito vasco, será cada vez máis evidente a súa obstinada negativa a aceitar o dereito a decidir sobre o seu futuro, libre e democraticamente expresado.

3.- Demandamos ao Estado español a restauración en Euskal Herria de todas as liberdades e dereitos constitucionalmente recoñecidos, isto é, de re unión, manifestación e participación política legal, sen exclusións nin arbitrariedades, así como a adopción de medidas urxentes para restabelecer a seguranza xurídica no ámbito policial e penitenciario, e garantir o respecto dos dereitos humanos dos cidadáns vascos e vascas que foren detidos ou presos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

8 Arenga

Agardo que os sinhores de galiciaconfidencial borrem as mensagens com insultos contra pessoas, e a ver se controlam um pouco mais a gente que entra, já que umha cousa é dar a opiniom e outra insultar e desqualificar a pessoas, organizaçons ou coletivos.

1 CranioF

Pois eu onte puxen un pequeno comentario dicindo que Comba Campoy é ben guapa, e borrárono. Polo visto, ser guapa é un insulto ou algo así. Se polo menos soupera porqué.

7 eva

Beiras apoya sistemáticamemte la dictadura en Cuba, es un ser despreciable. recordemos que uno d elos lemas d ela bloqueirada allá por la transición era "Un pais, un partido" y s emiraban en el espejo de la dictadura del FLN en Argelia. menos mal que esta Vangarda de O Povo es un puro fracaso, al que solo votan un 15% de burguesitos urbanos. tiene que ser muy duro sentirse vangarda y chupar y chupar fracaso popular una y otra vez, bwahahahahaha

1 Arenga

A ditadura cubana, qual?

6 eva

Beiras: un loco ultra y fascista que apoya la dictadura totalitaria del PCC en Cuba. BNG: partido ultra controlado por una organización totalitaria marxista leninista como es la UPG, enemiga del pueblo gallego.

1 Rayleigh

Caray!! Menuda arroutada!! Que me dices de la dictadura totalitaria del PCCh en China? Ah no!! Que esos son amiguetes...y hasta Obama se hace fotos con ellos. Así que la UPG es marxista-leninista..vaya. Creía que era estalinista. Es lo que tienen los trolls. Que tienen unas cuantas palabras comodín que las van repitiendo a ver si cuela...Tómate un valium, Eva.

2 eva

Así que como el gobienro yanqui tiene relaciones con el gobierno chino... queda justificada la relación d ekamaradería del BNG con el PCC juasjuasjuasjuas. Estos colones mentales MINORITARIOS Y MARGINALES ya dan ascopena, jajaja. Hasta niegan lo que cualquiera puede comprobar leyendo el terraetempo, que la upg se declara marxista leninista.

3 Rayleigh

No..simplemente me extraña que os mostreis tan duros contra un régimen que ideológicamente es idéntico a otro al cual les besais los pies (por no decir otra parte). Me parece bien que se declare lo que le dé la gana a la UPG, pero sólo representan al 15 % de la militancia. Pero bueno, ya me parecía que no andabas muy bien de la azotea en tu 1º post. El 2º no hace más que confirmarlo. Pobriña...o pobriño que seguro que ni eso tienes claro.

4 eva

¿Quién dices que le besa los pies a China? ¿Yo? Das pena, fulano, das pena. Qué desesperado tienes que estar para decir que "vale, el BNG apoya a la dictadura cubana, pero "vosotros" (¿Quiénes?) le besáis los pies a los chinos", juasjuas. ¿Qué partido dices que camaradea con el PCCH?Ademas, que los gobiernos de los Estados negocien entre sí aun puede entenderse en clave de realpolitik, interses y diplomacia, pero que un partido que no tiene ninguna responsabilidad de poder sea camarada de otro partido -único- en el poder solo se justifica por la ideología.

5 Rayleigh

Ahhh..interesante!! O sea que si el BNG, estuviera en el gobierno, estaría bien hablar con el PCC? Interesante distinción. Que partido camaradea con el PCCh? Que yo sepa, el Presidente de China, tiene el cargo más alto del PCCh y bien que se hacen fotos con él. En China, si no eres del partido, no puedes ni abrir ni un puesto de tallarines. Si quieres abrir una empresa, tienes que comerle la oreja a un dirigente comunista. Quien camaradea? Pues TODOS. Pero bueno...Se ve que hacer negocios con un régimen que ejecuta 3000 personas (que se sepa) al año y que es uno de los países más represores del mundo es mejor que uno que abolió ya de facto la pena de muerte por ejemplo. Por que no lo dices claro? La cuestión es "la pela". Lo demás importa una m..a. Así que no vengas de digna que no cuela, rapaz/a.

5 iscream_icecream

e que será tan complexo de entender para os que se cren demócratas que a verdaderia democracia rexeita as solucións do poder polo poder, e da violencia do peixe que se morde a cola. que os demócratas gañan sempre coa palabra, da igual o que haxa noutro lado, criminais ou asasinos. eu coido que a maioría aínda non se cre de verdade isto no poder que ten a palabra. pero é que resulta que a democracia é iso. o pp esta tan fora do seu tempo que a min non sei, de verdade que me parece o maior esperpento da historia, é que é insuparbel nada na ficción igual aos pepeiros

4 Manolo2

Vuelvo a decirlo. Siguen siendo coherentes. Unos cuantos estuvieron con ETA y siguen estándolo. Aconsejo al PP que utilice estas fotos en su campaña electoral en aquellos lugares donde el BNG tiene cierta representación: Allariz, Pontevedra, Vigo,etc. Que los ciudadanos gallegos comprueben la moderación de los nacionalistas gallegos y el apoyo que estos prestan a las pantomimas de los que asesinaron a tantos paisanos nuestros.

1 Manuel P.

Se ti dis que eu son un asasino por ser do BNG entón non me queda outra que dicirche que eres un grandísimo fillo de... ¿Quen carallo te cres que es ti? Pseudo-franquista paleto e acomplexado. vivides da mentira, sodes o cancro de Galicia. Sabedes das vosas limitacións e por iso vos amparades na cacicada e corrupción para amedrentar á xente. Sodes o lixo máis grande que pode haber, non hai punto limpo que sexa capaz de acollervos polo fedor que desprendendes.

2 Manolo2

Siempre he creído que la ignorancia y el fanatismo son la gran baza electoral de partidos antisistema como el BNG. Y tu respuesta e insultos lo confirman. He escrito que unos cuantos estuvieron con ETA y sigo diciéndolo. Estuvieron apoyando a ETA activa o pasívamente desde los años 70 hasta ahora, disculparon su "lucha armada", condenaron sus acciones con la boca pequeña, comprendieron sus fines y siguen sin caerse de la burra. De ahí a generalizar considerándote un asesino por ser del BNG como pones, media un abismo. Pero si lo entiendesa así es tu problema. Los hechos son como son.

3 Faldo

Eu aconséllolle a todas as forzas políticas distintas ao partido franquista que mostren aquela foto de Mayor Oreja (incompetente minitro do Interior na época en que a ETA asasinou a Miguel Ángel Blanco, entre outros) sentado tranquilamente nunha mesa xunto a Txomin Ziloaga, dirixente de Herri Batasuna, en 1986; que lembren a mención ao "Movimiento de Liberación Nacional Vasco" por parte do ex presidente paranoico, aquel que ía saber ser xeneroso cos criminais e que insistan en recordar que, tras o asasinato de Fernando Buesa, os miserables Aznar e Mayor Oreja afirmaban que o proceso de paz seguía aberto.

4 Eu non son un botarate

Faldo, hai un partido franquista se se presenta as eleccións?

5 Faldo

Con ese nome non, por iso non escribín as súas iniciais con maiúsculas; pero si hai un partido, fundado por un ex ministro franquista, que mantén certos vínculos evidentes co réxime franquista, e aínda que convén non meter a todos os seus militantes no mesmo saco, moitos dos seus dirixentes máis sobranceiros dan a sensación de estaren moi próximos ao antigo réxime.

6 desfondacranios

Faldo, totalmente dacordo contigo, soio puntualizar que sí que hai que meter a todos os ppodres no mesmo saco, por aquelo de: "activa o pasivamente" seguindo a diarrea mental do amigo Manolo pirolo que tanta atención che presta últimamente. Claramente haino que dicir: partido pepero franquista corrupto e narcotraficante cheo de manolos pirolos coma o calamidá que anda a soltar a súa merda por estes foros. Cacho de troll do carallo.