Detido en Vigo por insultar á súa parella, que quería terminar a relación

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, M.A.P.R., de 44 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Por E.P. | VIGO | 05/09/2018 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando unha muller requiriu a presenza da Policía porque a súa parella estaba en estado de embriaguez e estaba a causar danos na súa vivenda, na zona de Teis.

Violencia de xénero
Violencia de xénero | Fonte: Getty Images.

Unha vez no lugar, os axentes atenderon a unha muller que lles relatou que levaba tendo problemas coa súa parella desde facía varios días, debido a que ela quería pór fin á relación.

Ese día, o home presentouse no domicilio para recoller algúns efectos persoais, pero unha vez dentro da vivenda, comezou a insultar á muller. Ante a súa actitude violenta, ela pediulle a que se fose, pero o home fixo caso omiso e comezou a revolver a estancia.

Así, os axentes comprobaron que a habitación onde se produciu a discusión estaba desordenada, e procederon á detención de M.A.P.R.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta