"Somos os lectores os que temos que soster os medios críticos"

Columnista de El País, ex-xefe de gabinete de Quintana e agora autor do primeiro ensaio sobre a Era Feijo09. GC cuestiona a Manuel M. Barreiro sobre o futuro do Bloque, as difíciles relacións do nacionalismo co 15M e as opcións de Feijóo para suceder a Rajoy.

Por Walter Burns | Santiago | 20/06/2011 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Que lle levou á aventura de publicar un ensaio sobre o "gris toupa" do Executivo Galego?

Este é un libro que eu prefiría non ter escrito. Nace da derrota do desexo do cambio nas elección do 1-M de 2009 que lle devolveron a dirección do autogoberno de Galicia ao Partido Popular. Recolle artigos nos que fago unha crónica interpretativa do que Feijóo bautizou como o Goberno 10 e que dous anos máis tarde deixa un balance gris toupa e que, de non poñerlle remedio, rematará a lexislatura firmando un bienio negro. Hoxe Galicia padece un Non Goberno que evade as súas responsabilidades e se dedica a administrar a Xunta someténdoa aos intereses particulares do PP para facerse co Goberno do Estado.

Por que adxectiva como "novísima" á dereita que aplica o Goberno Feijóo? Ten algo de renovador?

A dereita de Feijóo é novísima básica e fundamentalmente porque desexa afastarse simbolicamente da dereita fraguista. É unha dereita moito máis belixerante e confrontativa, menos comprometida cos intereses do país e que se mobiliza ao redor dun credo ultraconservador. É unha dereita nihilista e cínica que unicamente cre nun valor: ocupar o poder e manterse nela como sexa. E que só ten unha misión: erradicar o desexo de cambio político en Galicia. 

A miúdo dise que este é  un goberno sen ideoloxía, cun presidente cuxo máximo obxectivo é cultivar a súa imaxe antes de dar un salto a política estatal. Comparte este diagnóstico?

Este é un goberno de perfil liliputense feito para engrandecer ao Presidente. En realidade, Galicia non ten un goberno ten un presidente e a axenda de Feijóo está posta ao servizo non dun proxecto de país senón do seu currículo. Feijóo é un dobre presidente, presidente de Galicia e presidente do PPdeG, en caso de conflito de intereses sempre se impón o presidente do PPdeG. 

Realmente ten Feijóo capacidades para chegar a ser líder do PP en España  ou presidente do Goberno estatal?

Feijóo ten ambición sobrada. E éxitos electorais que xa o colocan no top ten do Partido Popular. A partir de agora terá moita máis competencia: outros líderes conservadores de primeira fila ocuparán executivos autonómicos: Cospedal en Castilla-A Mancha e, se non se equivocan as sondaxes, Arenas pasará a presidir a Junta de Andalucía. Nesta situación, o presidente Feijóo desvalorízase, hai outros territorios vencidos ao que Mariano Rajoy, se é presidente do Estado, lle terá que conceder maior importancia se quere consolidar a hexemonía conservadora e dotarse dunha base electoral estable. O futuro que lle queda a Feijóo ficando en Galicia é ir a menos. Abducido polo seu proxecto de autogoberno mínimo, rematará por ser un presidente mínimo. A súa ambición faralle aspirar a un posto no Gabinete de Mariano Rajoy. Se non é no primeiro, será no segundo.

Dicir que o Goberno Fraga tiña unha "actitude galeguista” debe resultar incómodo para moitos dos seus compañeiros no Bloque. Realmente hai algunha diferencia real entre a política cultural e lingüística desta Xunta e do fraguismo?

Durante os primeiros anos de mandato, Manuel Fraga impulsou unha sorte de “conservadorismo dinámico”, abeirado no que bautizou como políticas de autoidentificación galeguista e na súa proposta de Administración Única. Comparando a actitude respecto da lingua, á parte de comprobar a certeza do refraneiro galego –detrás virá quen bo te fará–, tamén se fai evidente que Fraga e Cuíña tiñan unha idea do PPdeG como un partido rexionalista forte que non era refractario ao galeguismo. 

Pero que é para vostede o galeguismo?

Galeguistas é quen confía nas capacidades do autogoberno de Galicia para xestionar o noso benestar, exercer as nosas liberdades e normalizar a nosa lingua e cultura. O galeguismo debería ser o mínimo común denominador das forzas políticas galegas, desgraciadamente non o é.  

A pregunta máis sinxela que nunca lle fixeron. Como fai o Bloque para cortar a súa sangría electoral?

Recuperando o diálogo cos cidadáns. Cancelando o debate como un asunto doméstico que só implica aos seus dirixentes e militantes. Aceptando que Fox Mulder, o de expediente X, levaba razón e que a verdade está aí fóra, na sociedade, non no noso universo de conviccións ideolóxicas. Creo que así se crean mellores condicións para renovar o proxecto político do nacionalismo e para xerar a ilusión e mobilización de ideas e persoas que é necesaria para a súa recuperación electoral.

Renunciar as concellerías e volver á trincheira é unha involución para o nacionalismo?

É un síntoma de que hai sectores do BNG que non valorizan as experiencias de goberno e que se senten máis cómodos facendo unha oposición de réplica. Hai veces que toca estar na trincheira, pero non se debe renunciar nunca a ser unha oposición que aspira a ser goberno. Facendo desmemoria das túas experiencias de goberno ábrese a porta á marxinalización das túas políticas.

A día de hoxe non hai ningún gran medio de comunicación galego cunha liña editorial próxima ao nacionalismo. Como se chegou até este punto e como se pode dotar o BNG de máis apoios na esfera mediática?

Desde o receo, non hai posibilidade ningunha de influír ou establecer complicidades. Non vexo aos partidos cun papel destacado na conformación de novos medios, hai que facer valer a forza dos lectores. En Galicia hai milleiros de persoas que, respecto a importancia dun medio en galego, viven en permanente estado de necesidade, pero non dan o paso ao estado de compromiso co sostemento de ningún medio en galego crítico. Somos os lectores os que temos que soster os medios críticos e alternativos. Polo de pronto apoiando aos existentes, dándolles audiencia e contribuindo economicamente ao seu sostemento. 

BNG e PSdeG colleitaron uns malos resultados  ...

Malos, por separado. Pésimos no conxunto. Cos malos resultados veñen algunhas evidencias que hai que atender: as estratexias de PSdeG e BNG non erosionaron ao goberno do PPdeG, non permitiron recuperar aos electores progresistas e galeguistas que se abstiveron en 2009 e, debido á falta de colaboración entre as dúas forzas da oposición competindo por separado, desperdiciouse unha boa ocasión para debilitar a hexemonía da dereita en Galicia. En política, o conformismo e a autocompracencia son unha forma indolora de suicido. O que lle piden moitos cidadáns ao PSdeG e ao BNG é que cambien para ser instrumentos político útiles para o cambio político e social de Galicia. 

Como analista político, como ve o movemento do 15M?

O movemento do 15-M focaliza a súa crítica en moitos dos déficits da democracia española, máis aínda denuncia o proceso de desdemocratización que padecen as institucións e os partidos.

None

En particular, como avalía o receo do nacionalismo ante un movemento cidadán que moitos ven dirixido dende Madrid?

Non recoñecer no 15-M parte do ADN cidadá de Nunca Máis ou de Hai que botalos e iniciar unha estratexia de diálogo, colaboración e apoio político por parte do nacionalismo é un erro monumental. O nacionalismo ten futuro se é quen de iniciar una conversa cos cidadáns críticos, desconformes e disidentes ao redor da construción unha nova alternativa desde a esquerda que mobilice políticas democratizadoras, progresistas e galeguistas para o autogoberno galego. Son os cidadáns, como electores, os que capitalizan e dán poder aos partidos, o réxime partitocrático agocha canto pode esta evidencia. Sen o diálogo cos movementos cidadáns non hai Paraíso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 62 comentarios

11 Rafa

Feijóo é probablemente o presidente intelectualmente máis plano que tivo Galicia. Debaixo dese discurso anodino,insulso, sen substancia de Feijóo arscas e non hai absolutamente nada. Do memso xeito que tampouco hai nada no discurso dos dóus ¿líderes? dos partdiso da oposición en Galicia. Penso que en Galicia está nunha etapa, probablemente longa, de esmorecemento que lle vai afectar en todos os ambitos da vida.

1 Álber

Totalmente de acordo.

2 Manoliño

Claro, porque Quintana, Pachi, Touriño ou Guillerme teñen un perfil de intelectuais. Canto mantén a fariña de pescado.

3 ANTON

A Feijoo, o manten, os xornais do P.P. sexa LA VOZ, EL FARO, LA REGION, EL PROGRESO (TODOS CON "L"), de que si non este persoeiro pode seguir de presidente dos Galegos. Va a custar moitisimo voltar a facer o que desfixo. Ademais, para mostra de que o Bipartito, si fixo cousas, é que este leva todo o tempo desfacendo todo o que pode. Pero para desgraza da extrema-dereita de "los mojitos", seguimos en pe, pese a quen pese. QUE SIGA O VOICOZ AOS XORNAIS "BIFIDOS"

4 Manoliño

Pero mira, ese boicoz debe seguilo unha minoría residual e despreciable en número porque non lembro eu cantos anos hai que se chamou ao boicoz, La Voz segue viva, e os xornáis en galego pecharon. Fálase de manipulación como se GC, Gznación, Vieiros non barrera cara a esquerda e foran imparciais. Un profe meu falaba da dura e fría realidade dos feitos experimentais. Sodes vos os que tendes que recoller a idiosincrasia do pobo galego, non ao revés como pretendedes. E o feito é que o marxismo-leninismo está tan morto para os nosos tempos como o fascismo español, pero non o dades entendido. Xa volo farán entender as urnas.

5 Anarchy

O Manoliño iste é parvo de todo. ¿Pero quen pensa iste que é? ¿o gobernador do Banco de Ejpaña?....pobriño....

6 Mariló

Para listos xa chegades vós, e aos resultados electoráis remítome.

7 MariaDolores

Os resultados electorais reflicten o voto dos mantidos, ou voto cautivo se queres. O PP subiu un 2% (é dicir, cáseque nada) A xente verdadeiramente crítica e ceibe simplemente non votou. Así que, ti segue de mantida, pero non nos queiras facer comulgar con rodas de muiño...

8 Mariló

Tocaia, o de sempre, que non tendes aboa. Coidado coas úlceras de estómago que as vosas ensoñacións son unhas e a realidade é fría e dura.

9 Xoelho

Os resultados electorais o que reflicten é o grao de manipulación que sofre a xente, a gran maioría, como producto do que din os medios, do espazo desigual que lle dan a cada forza política, sen contar coa liña editorial de cada medio, especialmente a radio e a tv. E aínda así non reflicten fielmente o estado de opinión da xente pola sinxela razón de que o sistema electoral non é proporcional, e tamén porque a dereita vai máis ou menos unida no PP mentres a esquerda vai dividida en varios grupos (PSOE, BNG, EU, FPG...). Esa é a realidade. Non hai democracia, non goberna o pobo, gobernan os mercados e os gobernos sométense totalmente a eles á hora de facer a súa política económica frente á crise, crise creada polos mercados mesmos, posto que o sistema capitalista se caracteriza polas crises cíclicas. Acaba unha e anos máis tarde vén inevitablemente a seguinte. ¿Ata cando? Ata que a xente non se deixe manipular.

10 Mariló

Outro que tampouco ten aboa. O de sempre: o pobo galego é imbécil, e vós uns cracks que non volo saben na casa. Nada, parabéns por ser tan bos.

12 Nilo

Si Manoliño a economía a xustiza social e todo iso está moi morto como ti dis. David Bisbal se derrumba en pleno concierto acordándose de Elena Tablada é o máis lido neses xornais que defenden e que tan ben o fan.

10 Non me asesores

E ao mesmo tempo apostas por cortar o diálogo con movementos sociais como a CIG, A Mesa, organizacións agrarias etc. Queres diálogo contigo mesmo para volver asesorar.

9 Non me asesores

Hai que desconfiar das propostas de asesoramento destes asesores profesionais que cando asesoraron deu malos resultados, e cun discurso indistinguible do do P(SO)E. Asesora ao Grupo Prisa para que che deixe escribir en galego e logo falamos. Non te enroques no resistencialismo pro-psoísta.

8 Abramovich

Excelente moi boa entrevista, ánimo que ainda que os imbéciles e escuros non se decaten o nacionalismo é mirar cara fora o demais cotas de poder interno.

1 Non me asesores

Oxalá este e os catro coma el decidisen asesorar dunha vez cara a fóra e deixasen de amolar dentro do nacionalismo coa súa pretensión de asesorar. Se só fose asesorar aínda bueno, pero é que non aturan que non se lles obedeza. Ao PSOE si lle perdoan todo, entrega o estado aos especuladores e aínda lle seguen chamando "esquerda".

2 Linterneiro

Tíñan que obedecerte a ti que seguro que nos iluminas coa túa sabiduria. Case mellor que probes a mercar un canciño, a ver si salta cando asubies

7 xoejo

Deberiamos empezar a ejecutar a tiros a es aminoria marginal y molesta que son los independentista y nacionalutas. La mayoria de gallegos somos españolistas y tenemos que imponer la voluntad del pueb.o frente a amenazas fascistas y golpistas. Si quisieramos, en una semana no quedaba ni un piojoso nacionalista vivo. No cuest nada quemar las sedes y las casas de los bloqueiros.

1 Agustín

Si dixeras iso que dis en Euskadi, pero á inversa, esta misma noite a pasabas en comisaría e probablemente tardarías moito en sair dela. Pero como aquí hai duas varas de medir, non che vai pasar nada e como o sabes escribes o que escribes. Es un enano mental mental e un asasino en potencia.

2 PISTOLEIRO ESPAÑOL

Pistolas xa sabemos que ten os afilidos do P.P.

3 PISTOLEIRO ESPAÑOL

Pistolas, xa sabemos que ten nas sedes do P.P.

4 Forcada

Sorprenderíaste xoejo. Por certo,non hai molstia máis grande que analfabetos coma ti que son os que nos levaron a onde estamos. E non te confundas, a maioría non sodes españolistas,nin siquiera do pp. E falando de minorías, a falanxe ten 600 votos, upyd tivo 30.000 e á baixa. Ummm!!. Existe tamén unha minoría de dementes coma ti. Interesante Xoejo?? mágoa que non nos coñezamos por que che ía quitar os suores e esas fobias que non che mereze a pena seguir así home.pensao ben, abrindo o gas nin te enteras e se non chama por min,6628754630