Temas: PSOE LUGO PP

A subdelegada do Goberno defende que o PSOE acabou "con sete anos de abandono" de Lugo

Isabel Rodríguez asegura que Lugo "non ten nada que agradecer" ao PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2019 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A sudelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asegurou que a chegada do PSOE á Moncloa supuxo acabar con "sete anos de abandono" para a provincia por parte do PP, partido ao que, segundo Rodríguez, Lugo "non ten nada que agradecer".

Isabel Rodríguez, no seu despacho da subdelegación do Goberno
Isabel Rodríguez, no seu despacho da subdelegación do Goberno | Fonte: ÓSCAR BERNÁRDEZ

"Nesta provincia todos sabemos o estado de abandono no que nos sumiu o PP, tanto nas infraestruturas como na atención ás persoas", manifestou a subdelegada do goberno en Lugo este xoves.

Isabel Rodríguez destacou que, tal e como deixou claro o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, no seu relatorio sobre "o moito que leva feito nuns meses este Goberno", o PSOE non garda "en ningún caixón ningún proxecto" que mellore a vida dos lucenses a diferenza do que, na súa opinión, o PP fixo "coa estación intermodal" de Lugo.

Así mesmo, sinalou que a prioridade do Goberno é "atender ás necesidades das persoas". "Por iso nós traballamos na defensa dos intereses e da seguridade dos veciños, que llo pregunten, por exemplo, aos concellos de Lugo ou Ribadeo", indicou.

Fronte a iso, defendeu que Lugo segue sufrindo as consecuencias da xestión do PP nas institucións que goberna e preguntouse quen anulou "ás agachadas" os acordos para a devolución dos edificios da Vella Residencia que aínda continúan adscritos á Xunta para fins sanitarios.

Temas: PSOE LUGO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo9762

Si hablamos de la capital de la provincia, tenemos a una alcaldesa, Lara Méndez, del PSdG-PSOE que tiene la ciudad que es un primor. Por ejemplo, la ausencia de zona ORA hace que aparcar el coche en cualquier lugar céntrico unos pocos minutos - lo necesario, por ejemplo, para hacer una gestión en una oficina de banco - sea un milagro. Es un primor que la alcaldesa permita utilizar a particulares la vía pública comosi fuese una plaza de garaje.