"Máis Galiza cuestiona a organización do BNG"

O Movemento Galego ao Socialismo toma posicións no duro debate interno no Bloque criticando ao grupo de Carlos Aymerich e aos alcaldes críticos que pediron un cambio de rumbo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/08/2011 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Novo capítulo na carreira de manifestos, artigo e comunicados críticos entre as correntes e partidos que forman o BNG. Quen se pronuncia agora é unha das militantes máis relevantes do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista que foi o cuarto máis representado na última Asemblea que forma parte da actual Executiva a través de Rafa Villar.

None

Acusacións de cuestionar sistematicamente a Guillerme Vázquez

O máis sorprendente do artigo de Paula Castro (número dous da lista que logrou o 9% dos votos na pasada Asemblea Nacional) na web do MGS é a súa defensa dun programa claramente de esquerdas e nacionalista. O que chama máis a atención é a súa fortísima crítica a Máis Galiza, a corrente de ex-quintanistas que encabeza o voceiro parlamentario Carlos Aymerich e que defende un BNG de esquerdas pero máis centrado, lonxe da retórica marxista que defenden o MGS e a UPG, a forza maioritaria na fronte.

"Para acadar o seu obxectivo de facerse co BNG, +G ten deseñado unha estratexia (entendo que os pasos que está a dar non son improvisados) de sistemático desgaste da liña política que vén defendendo o BNG desde a última asemblea nacional, de desgaste da figura do portavoz nacional e de cuestionamento da propia organización. Unha dinámica que estancou o traballo político e que dificultou a recuperación dunha credibilidade cuestionada por mor dos erros cometidos no paso polo goberno", escribe Castro.

Entre as propostas presentadas ao fío do Día da Patria, Castro interpreta que tres (a da UPG, a dos irmadiños e a do propio MGS) "manteñen como obxectivo estratéxico a emancipación nacional e social de Galiza". Pola contra, Máis Galiza fai unha "emenda á totalidade" "aposta polo autonomismo, por asumir e xestionar o sistema, pola vía unicamente institucional e por unha organización xerarquizada e menos participativa". Na súa opinión a aposta do grupo que lidera Carlos Aymerich está trabucada, pois o BNG logrou os maiores avances electorais canto máis escorou o seu discurso á esquerda e ao nacionalismo. A xornalista lembra as gabanzas dos directores de El Correo e Xornal ao xiro á dereita realizado mentres Anxo Quintana era voceiro nacional e os retrocesos electorais desa época.

Por último, Castro argumenta que +G aposta por "lobbys" como Iniciativa Ben Común e rexeita a súa proposta dunha candidatura conxunta ao Senado de toda a esquerda galega. Aos alcaldes do Encontro Irmandiño e Máis Galiza que asinaron un manifesto crítico coa dirección do BNG lémbralles que só sumaron o 11% dos votos da fronte e que a súa opinión está sometida ás asembleas locais, unha idea na que tamén insistiron dirixentes da UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

18 Cobillón

Converxencia XXI precisa moitos avais para poder presentarse ás eleccións. PAga a peena bootar uns minuntos en avalar para que haxa pluralidade política. http://www.converxencia.eu/?p=1316 Graciñas

17 Pesadiños si son

Eu penso que os dous de +G que hai aí, que non sei nin se xa deixarían o BNG e todo (se é que algunha vez estiveron dentro de xeito real) van por libre e só se representan a si mesmos, nese senso non coincido coa xornalista que dixo iso. Pero si é certo que hai un par de persoas obsesionadas co BNG, cunha relación de amor-odio case enfermiza, que turra contra o BNG porque considera que lle debe algún tipo de obediencia e a súa militancia non fai o que eles queren, e que chega un momento que xa cansan e dan ganas de contestarlles. Se cadra o mellor é ignoralos. Que fagan eles unha candidatura ao senado coa "esquerda" esa que din que é o PSOE e que lles vaia moi ben.

16 alfa e Omega

Ah!! Esquecinme de avisar que os votantes galeguistas/nacionalistas non están disposto a soportar estas liortas toda a vida.Ou toman cartas no asunto e o clarexan dunha puñetera vez ou nas próximas eleccións non vai sair nen o apuntador. Os nacionalistas soberanistas, independentistas xa están traballando na súa alternativa e con todo o dereito do mundo. Logo, como quere +socialismo facerse cos votos do nacionalismo radical? Entrando nesa candidatura conxunta? Adiante; é posible sexa unha boa idea. Eu votariaa pero digano xa, dunha vez. Pregunten ás bases e adiante.en caso contrario clarifiquen como queda o panorama restante; ou para que nacionalismo nos piden o voto? Dúas opcións soberanistas, independentistas? Iso non ocorre no Pais Vasco nen en Cataluña onde nos dan un repaso nacionalista que non vexas. Amigos do BNG: póñanse ao carro e digan que levan enriba. Millo, centeo, ou soamente carulos. Eu quero sabelo XA!!

15 Alfa e Omega

Estamos a vivir un verán quente de carallo.Agora tamén un grupúsculo do BNG sae dando caña como se fora o 40 ou 50% da fronte nacionalista. Ataca aos alcaldes, a +Galiza e a todo o que se poña por diante. Vale; imos ben. España va bien, dicia Aznar e nós podemos dicir "O BNG vai sobre rodas"; a diferencia é que ten tódalas rifas para darse unha hostia de tres pares de narices. Fagan dunha puñetera vez un congreso ou asembleia e decidan que se queda coa "casa paterna"; os demáis que busquen vivenda e se dediquen a reflotar o que quede. Máis cedo que tarde van ter que facelo.

14 Good bye capitalism

Hai unha pintada no metro de Varsovia que dí: "devolvedenos o socialismo", logo veu outro e puxo debaixo: "o que tiñamos non era socialista", logo volveu o que fixo a primeira pintada e puxo: "boeno, pois devolvedenos o que tiñamos". Xa vou farto de ser escravo. O que compre é mais socialismo.

1 xose de compostela

Xa sabes o que tes que facer, ir para Corea do Norte, ali seguro que o vas a experimentar

2 anonimo

"O que compre é mais socialismo" "Traduccion:o que compre é que a militancia se decante polo MGS porque senon corremos o risco de que a UPG xa non nos necesite e nos dea a patada tanto no BNG coma na CIG, facendo que tanto Antolin Alcantara, coma Ramiro Oubiña,Manuel Mera, Rafa Villar ou Anxo Noceda sexan desaloxados dos seus postiños e teñan que poñerse a traballar por primeira vez en anos, unha infamia para quen se declara de esquerda, oiga!"

3 parracho

Manolo Mera xa está pronto a xubilarse sen ter traballado na súa vida