"Máis Galiza cuestiona a organización do BNG"

O Movemento Galego ao Socialismo toma posicións no duro debate interno no Bloque criticando ao grupo de Carlos Aymerich e aos alcaldes críticos que pediron un cambio de rumbo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/08/2011 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Novo capítulo na carreira de manifestos, artigo e comunicados críticos entre as correntes e partidos que forman o BNG. Quen se pronuncia agora é unha das militantes máis relevantes do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista que foi o cuarto máis representado na última Asemblea que forma parte da actual Executiva a través de Rafa Villar.

None

Acusacións de cuestionar sistematicamente a Guillerme Vázquez

O máis sorprendente do artigo de Paula Castro (número dous da lista que logrou o 9% dos votos na pasada Asemblea Nacional) na web do MGS é a súa defensa dun programa claramente de esquerdas e nacionalista. O que chama máis a atención é a súa fortísima crítica a Máis Galiza, a corrente de ex-quintanistas que encabeza o voceiro parlamentario Carlos Aymerich e que defende un BNG de esquerdas pero máis centrado, lonxe da retórica marxista que defenden o MGS e a UPG, a forza maioritaria na fronte.

"Para acadar o seu obxectivo de facerse co BNG, +G ten deseñado unha estratexia (entendo que os pasos que está a dar non son improvisados) de sistemático desgaste da liña política que vén defendendo o BNG desde a última asemblea nacional, de desgaste da figura do portavoz nacional e de cuestionamento da propia organización. Unha dinámica que estancou o traballo político e que dificultou a recuperación dunha credibilidade cuestionada por mor dos erros cometidos no paso polo goberno", escribe Castro.

Entre as propostas presentadas ao fío do Día da Patria, Castro interpreta que tres (a da UPG, a dos irmadiños e a do propio MGS) "manteñen como obxectivo estratéxico a emancipación nacional e social de Galiza". Pola contra, Máis Galiza fai unha "emenda á totalidade" "aposta polo autonomismo, por asumir e xestionar o sistema, pola vía unicamente institucional e por unha organización xerarquizada e menos participativa". Na súa opinión a aposta do grupo que lidera Carlos Aymerich está trabucada, pois o BNG logrou os maiores avances electorais canto máis escorou o seu discurso á esquerda e ao nacionalismo. A xornalista lembra as gabanzas dos directores de El Correo e Xornal ao xiro á dereita realizado mentres Anxo Quintana era voceiro nacional e os retrocesos electorais desa época.

Por último, Castro argumenta que +G aposta por "lobbys" como Iniciativa Ben Común e rexeita a súa proposta dunha candidatura conxunta ao Senado de toda a esquerda galega. Aos alcaldes do Encontro Irmandiño e Máis Galiza que asinaron un manifesto crítico coa dirección do BNG lémbralles que só sumaron o 11% dos votos da fronte e que a súa opinión está sometida ás asembleas locais, unha idea na que tamén insistiron dirixentes da UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

13 Antón

O que non o vexa é que está cego ou ten intereses espureos. A deriva dereitista con Quintana foi nefasta, dende o seu mencer o Bloque foi un partido de esquerda, en Galiza a dereita é españolista e ai non vai pescar ren. Ademais corren malos tempos pra velehidades reformistas de dereita, eiqui e no mundo enteiro.

12 Carrumeiro SA

Os lacaios da UPG fan o seu traballo

1 saña

E os lambecus, do capitalismo salvaxe, o seu

2 anonimo

lacaios non carrumeiro, mercenarios, que cobran pola sua lealdade.

3 Minharsos

Carrumeiro...nom é no Pindo quem e Bazarra?

4 país

E non o digas en alto, que se en-saña-n.

11 O que hai que ler

Que é esa historia de "toda a esquerda galega" que se comenta? O PSOE é esquerda e galego?

10 Carrefour

O MGS é a marca blanca da UPG. O mesmo descurso pero con outras siglas. Así todo o que caia fora do cesto da UPG pode caer dentro do MGS e ISCA e sempre se perderá menos.

9 Carrumeiro

Rafa Villar sempre se vendeu ó mellor postor, grazas a eso os do MGS, maioritariamente teñen postos de mantidos na CIG, xa se vendeu á UPG na anterior asemblea e agora, para manter o estatus, vai facer o mesmo

1 Claro que si

Para mantidos, os teus amigos de Izquierda Unida de Álava, Extremadura ou todos os concellos onde sacaron algo de votos e decidiron pactar co PP. http://www.youtube.com/watch?v=08cJ...

3 mk__

Botar a língua a pazer non ten cancela carrumeiro? Non estou de acordo co Rafa Villar en case nada, mais o de botar merda sen probas, como que non. E como falo de memoria, creo lembrar que cando Rafa entrou a traballar na CIG, ainda era membro da Dirección Nacional da FPG, porque na Galiza, mal que nos pese, e que poidamos evoluir, todos temos pasado.

4 unhomedepaco

Pois eu coñezo a outro liberado sindical lacazán da UPG en Ferrol que tamén é do Real Madrid. O cal demostra a seu profundo nacionalismo... español. Será un virus.

5 simplicio

Vamos a ver, figura, quedarias derreado despois dun esforzo tan bestial de analise da figura Paco en sintonia co fútbol? Doalle os miolas a ciencia.

6 Muros

Carrumeiro?Que fai meu curmam Bazarra por aqui....

7 Conhecedor também

Eu coñezo a algún pesado de Izquierda Unida que anda por estes foros que non é do Real Madrid: é do Alavés. http://www.youtube.com/watch?v=08cJ...

8 opacanido

Que é ese que dis que é de Izquierda Unida? Ten nome?