"Máis Galiza cuestiona a organización do BNG"

O Movemento Galego ao Socialismo toma posicións no duro debate interno no Bloque criticando ao grupo de Carlos Aymerich e aos alcaldes críticos que pediron un cambio de rumbo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/08/2011 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Novo capítulo na carreira de manifestos, artigo e comunicados críticos entre as correntes e partidos que forman o BNG. Quen se pronuncia agora é unha das militantes máis relevantes do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista que foi o cuarto máis representado na última Asemblea que forma parte da actual Executiva a través de Rafa Villar.

None

Acusacións de cuestionar sistematicamente a Guillerme Vázquez

O máis sorprendente do artigo de Paula Castro (número dous da lista que logrou o 9% dos votos na pasada Asemblea Nacional) na web do MGS é a súa defensa dun programa claramente de esquerdas e nacionalista. O que chama máis a atención é a súa fortísima crítica a Máis Galiza, a corrente de ex-quintanistas que encabeza o voceiro parlamentario Carlos Aymerich e que defende un BNG de esquerdas pero máis centrado, lonxe da retórica marxista que defenden o MGS e a UPG, a forza maioritaria na fronte.

"Para acadar o seu obxectivo de facerse co BNG, +G ten deseñado unha estratexia (entendo que os pasos que está a dar non son improvisados) de sistemático desgaste da liña política que vén defendendo o BNG desde a última asemblea nacional, de desgaste da figura do portavoz nacional e de cuestionamento da propia organización. Unha dinámica que estancou o traballo político e que dificultou a recuperación dunha credibilidade cuestionada por mor dos erros cometidos no paso polo goberno", escribe Castro.

Entre as propostas presentadas ao fío do Día da Patria, Castro interpreta que tres (a da UPG, a dos irmadiños e a do propio MGS) "manteñen como obxectivo estratéxico a emancipación nacional e social de Galiza". Pola contra, Máis Galiza fai unha "emenda á totalidade" "aposta polo autonomismo, por asumir e xestionar o sistema, pola vía unicamente institucional e por unha organización xerarquizada e menos participativa". Na súa opinión a aposta do grupo que lidera Carlos Aymerich está trabucada, pois o BNG logrou os maiores avances electorais canto máis escorou o seu discurso á esquerda e ao nacionalismo. A xornalista lembra as gabanzas dos directores de El Correo e Xornal ao xiro á dereita realizado mentres Anxo Quintana era voceiro nacional e os retrocesos electorais desa época.

Por último, Castro argumenta que +G aposta por "lobbys" como Iniciativa Ben Común e rexeita a súa proposta dunha candidatura conxunta ao Senado de toda a esquerda galega. Aos alcaldes do Encontro Irmandiño e Máis Galiza que asinaron un manifesto crítico coa dirección do BNG lémbralles que só sumaron o 11% dos votos da fronte e que a súa opinión está sometida ás asembleas locais, unha idea na que tamén insistiron dirixentes da UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

8 Muros

Porque?facendo uso dum figuritismo de salom (nom se conta com a Galiza urbana....)Quem pode dizer que as aportaçons da maioria sindical da CIG som menos importantes ca de alguns alcades(por que nom se asinam por todos os membros que estejam de acordo de cada umha dsas asembleias locais do BNG onde estes alcaldes governam)A cousa esta mui revolta e a sintese de todo esto vai ser o fruito de muitos anos de estupidez e autismo.Em quanto ao grupo nucleado ao redor de Beiras desejo-lhe o melhor mas penso que intentar revivir um morto.

1 Lois

Si si, a CIG, eu coñezo MOITAS persoas que estan na CIG e desfrutan ver ao español Fernando Alonso, a Rafa Nadal e á ROJA, nin dicir aqueles que pensan e din que o galego é de paletos, a CIG é un éxito si, pero como diria Guillerme; moderadamente positiva.

2 lugués

Coñezo eu outro liberado perpetuo do Ensino que o primeiro xornal que le é o Marca para estar informado do que pasa co "Real Madrid", por suposto que é da UPG

3 mk__

E ser do Independente de Avellaneda é de esquerdas ou dereitas? Mira que non hai críticas serias que facer-lle a algunhas persoas da CIG, como de calquera outro lado, pero as suas preferencias futbolísticas... manda carallo!!! Por certo, alguen sabe se Michael Schumacher vota á CDU, SPD, FDP, GRÜNE ou LINKE, para saber se sendo nacionalista de esquerdas pode-me gustar ou non? (modo retranca: OFF).

4 unhomedepaco

Pois eu coñezo a outro liberado sindical lacazán da UPG en Ferrol que tamén é do Real Madrid. O cal demostra a seu profundo nacionalismo... español. Será un virus.

5 Conhecedor também

Eu coñezo a algún pesado de Izquierda Unida que anda por estes foros que non é do Real Madrid: é do Alavés. http://www.youtube.com/watch?v=08cJ...

6 Belen Esteban

Chisss Non llo digades a ninguén, pero eu coñezo outro do Bloque que practica o onanismo en privado. Qué vergonha!!!!XXXXX DDDDDD!!!!

7 Muros

Que Sam Deus ha no Bloco!!!e digo esto sem acritude soberbia ou sentimentos negativos.Desde fora o debate é farragoso,pouco claro e barroso incluso.Uns que vendendo um bonito discurso ideológico ejercem o papel de mamporreros da UPG.Esta como sempre trata de ceder o imprescindível e como lhe vai mal promove co-rresponsablidade e consenso.+Galiza como sempre cumha linha respeitável de reformismo e timoratismo;o documento dos alcaldes aparte nom di nada a chirigota de Lores sobre a importancia de si mesmo previsível

6 analista de salón

Este MGS parece un partido serio, de unirense co outro partido serio do independentismo, a FPG, a poder ser dentro do BNG, reconducirian o galeguismo cara a esquerda e o soberanismo. Logo existen ducias de partidiños separatistas pero non inspiran moita confianza polo seu lusismo e seu infantilismo.

1 Realista

Lusismo e infantalismo?, eu téñolle moito respeto ao lusismo e ao reintegracionismo, parécenme posturas máis que maduras, o que non me parece nada maduro é dicir: galeguismo=esquerda e independentismo, pode haber un independentismo de centro e liberal, tal e como o hai noutros pobos; Escocia, Cataluña, EH, ...e non me veñades coa mesma merda de que os pobos somos diferentes, porque Castelao non era un obreiro, nin Pondal, nin Rosalia DE Castro (fidalga) ou moitos outros galeguistas, precisamente o galeguismo galego xurdiu de clases acomodadas que puideron acceder á cultura para darse conta de que Galicia era unha nación cunha historia truncada hai 500 anos.

2 mk__

He he he... estaría ben que logo de tantos anos, unha boa parte do MGS voltaran a coincidir na mesma organización que os da FPG, comezando polo seu portavoz.

5 XanKraLlás

Isto é o que habería que facer: http://www.atlantico.net/noticia/10...

4 Rodrigo di Posa

Para aspirar a algo hai primeiro que ter votos, e polo camiño que propón Castro acabaremos á par de IU. Que escoite os alcaldes, que son os que saben facer políticas nacionalistas e ter apoio popular. Unha proposta revolucionaria que se pretenda impor só un 5 ou 10% de apoio popular chámase ditadura. O leninismo o castrismo e o chavismo son indefendibles en Galicia.

1 Xandokas

"Para aspirar a algo hai primeiro que ter votos", .... entón, .... para o PP......

2 Rodrigo di Posa

O PP ten votos e poder político. Os nacionalistas berramos e choramos. Teremos moita razón, e de que vale? Ás veces parece que os integristas da UPG e do MGS estades pagados polo PPSOE, porque estades conseguindo xusto o que eles queren, que vaiamos ao carallo.