"Máis Galiza cuestiona a organización do BNG"

O Movemento Galego ao Socialismo toma posicións no duro debate interno no Bloque criticando ao grupo de Carlos Aymerich e aos alcaldes críticos que pediron un cambio de rumbo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/08/2011 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Novo capítulo na carreira de manifestos, artigo e comunicados críticos entre as correntes e partidos que forman o BNG. Quen se pronuncia agora é unha das militantes máis relevantes do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista que foi o cuarto máis representado na última Asemblea que forma parte da actual Executiva a través de Rafa Villar.

None

Acusacións de cuestionar sistematicamente a Guillerme Vázquez

O máis sorprendente do artigo de Paula Castro (número dous da lista que logrou o 9% dos votos na pasada Asemblea Nacional) na web do MGS é a súa defensa dun programa claramente de esquerdas e nacionalista. O que chama máis a atención é a súa fortísima crítica a Máis Galiza, a corrente de ex-quintanistas que encabeza o voceiro parlamentario Carlos Aymerich e que defende un BNG de esquerdas pero máis centrado, lonxe da retórica marxista que defenden o MGS e a UPG, a forza maioritaria na fronte.

"Para acadar o seu obxectivo de facerse co BNG, +G ten deseñado unha estratexia (entendo que os pasos que está a dar non son improvisados) de sistemático desgaste da liña política que vén defendendo o BNG desde a última asemblea nacional, de desgaste da figura do portavoz nacional e de cuestionamento da propia organización. Unha dinámica que estancou o traballo político e que dificultou a recuperación dunha credibilidade cuestionada por mor dos erros cometidos no paso polo goberno", escribe Castro.

Entre as propostas presentadas ao fío do Día da Patria, Castro interpreta que tres (a da UPG, a dos irmadiños e a do propio MGS) "manteñen como obxectivo estratéxico a emancipación nacional e social de Galiza". Pola contra, Máis Galiza fai unha "emenda á totalidade" "aposta polo autonomismo, por asumir e xestionar o sistema, pola vía unicamente institucional e por unha organización xerarquizada e menos participativa". Na súa opinión a aposta do grupo que lidera Carlos Aymerich está trabucada, pois o BNG logrou os maiores avances electorais canto máis escorou o seu discurso á esquerda e ao nacionalismo. A xornalista lembra as gabanzas dos directores de El Correo e Xornal ao xiro á dereita realizado mentres Anxo Quintana era voceiro nacional e os retrocesos electorais desa época.

Por último, Castro argumenta que +G aposta por "lobbys" como Iniciativa Ben Común e rexeita a súa proposta dunha candidatura conxunta ao Senado de toda a esquerda galega. Aos alcaldes do Encontro Irmandiño e Máis Galiza que asinaron un manifesto crítico coa dirección do BNG lémbralles que só sumaron o 11% dos votos da fronte e que a súa opinión está sometida ás asembleas locais, unha idea na que tamén insistiron dirixentes da UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

3 O que vai pasar

Aymerich, entre a UPG e os colegas de EN que tes dentro calquer dia fanche unha tumba.

2 engels

Lembrades un sesudo artigo dun dirixente da UPG sobre a praza de Ourense da Coruña?, paseando viu un cartel coa denominación plaza de Orense e dixo que quen eran os do BNG que cogobernaban a cidade que consentían tamaña tropelía... esqueceuse de citar que uns días máis tarde guillerme foi á entrega do premio Fernandez Latorre despois que o medio que o convoca día sí e día tamén bombardease en contra do goberno en coalición da cidade. Agora na Coruña a lista xa era da UPG, malia que non retiren o carteliño porque teñen 2 concelleiros menos e agora goberne o PP. Mais o importante é a coherencia na oposición.

1 engels

E do boicot sistemático contra +G e o quintanismo feito pola UPG alí onde non están os seus candidatos, non dixo nada?.