Tamén pecha a edición dixital de Xornal

Os medios en galego ou cunha liña editorial crítica co PPdeG seguen morrendo. Trinta e oito persoas irán a rúa co peche da edición dixital da cabeceira da construtora San José.

Por Walter Burns | A Coruña | 19/09/2011 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

Adiantárono varios traballadores nas redes sociais e confirmouno PR Noticias. Antes de fin de ano pechará Xornal.com, segundo lle comunicou hoxe a dirección da empresa ao Comité que representa os traballadores.

None

O Comité, no que participan CIG e SXG, aínda non confirmou a noticia, que tampouco figura na portada da cabeceira coruñesa. Esta tarde está prevista unha asemblea dos traballadores, que até hoxe non se mobilizaron, na sede da Coruña. Segundo traballadores consultados, a edición dixital pechará o vindeiro 30 de decembro e a empresa fará os despedimentosdos 38 traballadores de xeito gradual.

Solidariedade de GC cos traballadores

A solidariedade do equipo de GC con todos estes compañeiros. Coa súa labor lograron insuflar aire fresco no mundo editorial galego, monopolizado na súa práctica totalidade pola sumisión ao poder político de turno.

A decisión do peche de Xornal.com non é unha sorpresa. O catro de agosto pechou a edición en papel de xeito repentino. A dirección da compañía mantivo en vilo aos asalariados até hoxe, pois non lles facilitou información algunha.

San José aplica o mesmo método de desmantelamento que en ANT

Hoxe os despedimentos foron comunicados por un grupo de abogados de Garrigues, un dos buffets máis caros do Estado, especializado en peches de compañías.

A Construtora San José contratou aos mesmos letrados  para botar aos traballadores do histórico semanario nacionalista A Nosa Terra. Os xornalistas desta cabeceira aínda teñen pendente por cobrar parte dos seus salarios e indemnizacións. A cabeceira viguesa tamén mantén débedas cos seus colaboradores.

O frustado grupo mediático do galeguismo próximo a Quintana

A construtora nacida en Pontevedra apostou forte polos medios de comunicación galegos tras a chegada do bipartito ao poder. San José rescatou a ANT dunha dificilísma situación económica e deulle nova vida. Porén, o proxecto acabou fracasando, a editorial foi disolta e o semanario sobrevive só en internet.

A edición en papel Xornal, tamén propiedade de San José, naceu moi pouco antes das eleccións que encubraron a Feijóo. Isto impediu que Xornal gañase peso na configuración da opinión pública galega a tempo de ser un factor relevante nos comicios. Ademais, o apoio do 'quitanismo' a Xornal alimentou a desconfianza das outras cabeceiras galegas, en especial de La Voz, cara o proxecto político que encabezaba o daquela vicepresidente da Xunta.

A partir de entón Anxo Quintana tivo que soportar continúas embestidas mediáticas, que culminaron coa polémica publicación da foto do político no iate de Jacinto Rey, dono de Xornal. Con Feijóo no poder, Xornal apostou por unha liña editorial crítica coa Xunta.

A culpa da Xunta ou da audiencia galeguista?

A empresa e o director-fundador de Xornal, José Luis Gómez, chegaron a un acordo para que este deixara o meido na pasada primavera, pouco despois das informacións sobre un mitin de Rajoy no Moropa, un barco dunha familia de narcotraficantes de Cambads. Xornal, que naceu como un proxecto moi próximo ao 'quintanismo' do BNG, achegou nos últimos meses a súa liña editorial ao PSdeG.

A recesión económica que afecta aos construtores, os avances electorais do PP, a posible vitoria de Rajoy o 20N e as escasas vendas da edición en papel (800 exemplares segundo PR Noticias aínda que Xornal nunca se someteu ao OJD) son factores que inflúen no peche desta cabeceira.

Xornal non era un medio en galego, pero usaba a lingua propia moito máis que o resto de diarios de pago. Dende que goberna o PPdeG en San Caetano xa morreron a edición en papel de A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Vieiros e GZ Nación. Todos eles medios en galego e críticos cos conservadores.

Fronte as críticas da oposición, a Xunta nega calquera responsabilidade na fin destes medios e recorda o escaso apoio que recibiron até hoxe polas súas audiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

22 Muros

A esto nos tenhem levado as audaces aventuras político-empresariais da cúpula do Bloco e os seus "sospeitosos".A contrastar na realidade que so os projetos vinculados a umha rede social forte nom dependente das subençons mantenhen-se...Manda caralho quanto chuparom:Sam José-Quintana,Bazarra,Alberte Souto,carrumeiro!!!!

1 Anxo

Eu sigo chupando...Bicos dende Ipanema...¿Qué garotiñas!

2 Noia

Tranquilo home que sempre che quedará un espazo dixital desde onde difamar, é o tradicional do internet galego.

3 Muros

O peor de todo é que nom difamo digo verdades que traem e vam traer cola....

21 Muros

A esto nos tenhem levado as audaces aventuras político-empresariais da cúpula do Bloco e os seus "sospeitosos".A contrastar na realidade que so os projetos vinculados a umha rede social forte nom dependente das subençons mantenhen-se...Manda caralho quanto chuparom:Sam José-Quintana,Bazarra,Alberte Souto,carrumeiro!!!!

1 E a ti quen che paga

E eu que penso que ti chupas o dobre por difamar

2 Muros

O meu trabalho honrado e a ti quem .....

20 Nilo

Eu quedariame co análise a San José pois como se reitera as webs eran máis que retanbles. Sería bo que tamén se afondara niso. Pero bueno o de sempre ánimo a todos os medios galegos que non tedes como noticia máis vista "David Bisbal se desmaya en el escenario pensando en Elena Tablada" o voso traballo queda na nosa memoria.

1 JorjeJa

¿En serio que Bisbal se desmayó penando en la Tablada? ¡Que fuerte!

19 Manoliño

Pechan por non contar novas como esta, que nesa temática, son as que lle interesan á xente http://www.abc.es/20110919/comunida...

1 Bueno carallo bueno!

Grazas a que publica novas coma esa, o vetusto diario é tan vendido en Galicia.

2 Nilo

Encántame a túa inxenuidade nun suposto adulto, porque supoño que eres adulto. Un señor de ultradereita e posiblemente afins, familias amigas ou cercanas ideoloxicamente DIN eles que foi como eles DIN, sen ser secundando por médicos, funcionariado presente, documentos funerarios etc. Preséntate a xefe do CNI cando goberne o PP seguro que lles vale.

3 Lucense

Home, Manolinho, nom vam publicar isto: http://www.foroporlamemoria.info/no... Que isso proi muito aos de missa dominical e meretriz quinzenal.

4 Manoliño

Nilo, non sabes do que falas, concreta, di que non é certo, se podes claro.

5 alejandro dadas

"ex concejal del Ayuntamiento de La Coruña y ex Teniente de Alcalde durante el gobierno del Frente Popular, casado y padre de cinco hijos, que realmente murió en el campo de concentración nazi de Mauthausen (Austria) el 23 de noviembre de 1941. «Explíqueme usted. ¿Qué relación tienen éstos con el franquismo?», escribe el párroco." "No son españoles son rojos" (Serrano Suñer ministro de AAEE e "Cuñadisimo a un alto xerarca nazi sobre os exilados españois)

6 Manoliño

CLÓN-CLÓN ¿Pódese? Como mola o ben que manipulamos, pero non cola. Estamos a falar dun memorial que rinde homenaxe ás vitimas do franquismo na Coruña e nove concellos mais ¿Que relación ten o concelleiro Martín Ferreiro coas vítimas do Franquismo cando morre nun campo nazi en 1941? Coñecer é distinguir, non se pode misturar todo. Será unha vítima do nazismo, pero como o que interesaba era a propaganda, aquí a represión foi escasa (0.29% da poboación da Coruña), estaban desesperados e non souperon que facer, e méteno tamén ¿E de José Bujía Vázquez, que caeu dunha finca a un camiño baixo, que dicimos? ¿E de Arcas Varela que tiveron que borrar o nome ante as protestas da familia, que dicimos? ¿E de Aradas Pedreira, que morre dun accidente cerebrovascular en Oleiros, que dicimos? ¿Algún suposto erro mais do crego?

7 Manoliño

Que o esquecía, ¿tamén é mentira que nese memorial se rinde homenaxe a un asasino como Luis Ardao, que no 34 matara a unha tendeira de trinta e tantos anos e á súa filla de 12 en Vilarodís (Arteixo), e que fora condenado pola xustiza republicana? Veña ho, veña, que temos unhas universidades cun nivel tan baixo que non hai ningunha entre as 200 primeiras do mundo e así é normal que calquera poida poñer de manifesto a polo que van e o seu entreguismo a quen os subvenciona.

8 Lucense

Assassinos a soldo do fascismo espanhol do 1936 na Corunha: o xastre assassino Casteleiro, que em boa parte também por inveja profissional, foi um dos indutores do assassinato do xastre e ilustrador da revista Nós, Luis Huici, um nome destacado do movimento galeguista anterior à ditadura fascista e hoje praticamente esquecido.

9 Manoliño

¿Ti que saberás? Propón que os rapaces da ikastola esa que van montar en Santiago saiban de memoria e reciten todos os días a biografía de Huici. Que digan que foi pacifista e non opuxo resistencia aos alzados, e malia todo, foi considerado indigno e en consecuencia fusilado sen formación de causa. Non tesdes vergonza. A min tamén me fusilaron a tres, dous ben próximos e non estou precisamente orgulloso diso.

10 Lucense

Recomendações cinematográficas para Manolinho: "A Língua das Bolboretas", "O Lápis do Carpinteiro". É para que nom fagas tanto o ridículo e aprendas algo, ainda que seja através do cinema.

11 Lucense

Mais assassinados polos fascistas espanhóis em 1936: Camilo Díaz Baliño, artista polifacético e pai de Isaac Díaz Pardo. Semelha que aquelas excrescências humanas de camisa azul ou uniforme pardo nom gostavam muito da sua arte: http://mundochicha.blogspot.com/200... E tu gostas?

12 Manoliño

Ti adícate ao brilé e á mariola, que do demais non tes n.p.i. Hala, talogo.

13 Lucense

E ti à coprofagia, na que encontrarás vitaminas e oligoelementos para seguir peidando estultícias diversas. Good bye.

14 Lucense

Com cinco Manolinhos como professores na nossa Universidade já teriamos assegurado estar entre as primeiras 200 universidades do universo...se contamos desde o final, é claro.

18 Escéptico

O que non admite a menor dúbida é que a dereita goberna sen complexos e fai a política propia da dereita, a que se espera dela. Polo contrario, a esquerda fai política que non moleste á dereita. Un exemplo clarísimo está nas actuacións en materia de medios de comunicación deste goberno e do anterior. Despois, cando chegan as eleccións e os potenciais votantes de esquerdas pasan, chegan os lamentos. Que se a esquerda é moi exquisita, que se o electorado de dereitas vota sempre e o de esquerdas é máis voluble, que se o sursuncorda...

1 Outro escéptico

Por desgraza é así. Os polvos das subvencións touriñiles á Coz, traen estes lodos. Tamén haberá queixas pola ausencia de medios críticos e que difundan as denuncias da oposición, pero é o que sementaron. Alá eles.