A banda 'Lume de Biqueira' fará soar as gaitas en Francia

A súa música mestura ritmos galegos con outros de orixe bretoa, irlandesa ou escocesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A banda de gaitas galegas 'Lume de Biqueira' participará o vindeiro venres, día 22 de febreiro, no festival Carnaband's Show e na cabalgata de entroido de Chalon-sur-Saône, na rexión francesa de Borgoña.

Segundo informou a agrupación, no seu repertorio combinan melodías galegas de diferentes ritmos con outras de orixe bretoa, irlandesa e escocesa. De todas formas, tocarán temas diferentes no show de Carnaband, onde actuarán dúas veces, e no desfile.

"Será unha honra e un pracer para a nosa banda compartir a nosa música con todas as boas xentes de Borgoña, facer novos amigos e, entre todas as bandas involucradas, entreter e alentar o público a asistir aos eventos planeados", sinalou a organización musical.

Unha gaita
Unha gaita | Fonte: turismocarballo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta