Baltar trae os trebóns ó PP

O presidente da deputación de Ourense e home forte do PP nesta Provincia, Xosé Luis Baltar, abriu onte a caixa dos tronos na dirección popular galega. Na súa entrevista co presidente galego deixou moi claro que na confección das candidaturas da súa provincia manda el.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/03/2005 | Actualizada ás 08:15

Comparte esta noticia

None

O outro gran dardo do barón ourensano foi contra un dos seus máis manifestos inimigos dentro do PP, o vicepresidente primero, Alberto Núñez Feijoo. O único claro que dixo Baltar foi que éste non iría de número un pola súa provincia. Así, pon enriba da mesa un dos grandes problemas co que se atopa o PP galego: ¿por onde irá Núñez Feijoo?.

Encabezar a lista por Pontevedra ten moitos problemas porque hai que facer encaixes de bolillo para meter a toda a tropa popular e facelo con precisión cirurxica para non cabrear os dous sectores; os da boina e os do birrete. Máis doado parece a opción de ir de número dous por A Coruña, detrás de don Manuel, aínda que o propio Núñez Feijoo, e a lóxica, se decanten por encabezar a lista por Pontevedra. Pero o puzle aínda non está pechado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta