Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/02/2019 | Actualizada ás 18:40
Axentes municipais detiveron a dous homes na Coruña como presuntos autores de senllos delitos de violencia de xénero, segundo informa a Policía Local.
Unha das detencións produciuse o domingo, sobre as 07,15 horas, cando unha dotación policial, que se atopaba pola zona da avenida Linares Rivas, recibiu o aviso de que unha muller estaba a ser perseguida pola súa exparella.
Xa no lugar, a muller, que presentaba un golpe na fronte, explicoulles que a agrediu a súa exparella, á que estaban a reter unhas persoas a uns metros.
Segundo relatou, con anterioridade, nun local de hostalaría onde se atoparon, insultouna e fixo ademán de agredila cun vaso. Posteriormente, tras abandonar o establecemento xuntos, decidiu levar ao home no vehículo dunha amiga, pero este lanzoulle o teléfono móbil á cabeza polo que decidiron parar e chamar á Policía Local. Finalmente, a patrulla detivo ao home, de 25 anos.
Ese mesmo día, ás 21,15 horas, unha dotación trasladouse á zona da a rúa Atocha Baixa, alertando dun suposto caso de violencia machista. Unha vez no lugar, os axentes foron requiridos por unha muller que lles relatou que, nunha discusión coa súa parella, e por motivos relacionados coa custodia das fillas que teñen en común, este apretouna e lesionouna nunha man.
Ademais, explicou que o home, de 26 anos, abandonara a vivenda tras romperlle o teléfono móbil. O presunto agresor foi localizado no seu domicilio, sendo denunciado por un delito de roubo con violencia de xénero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.