"A Xunta prevé seguir reducindo o salario dos profesores"

A CIG alerta que os mestres de secundaria cobrarán uns 6.000 euros menos ao ano mentres que Facenda argumenta que esta a "potenciar o gasto social".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/10/2011 | Actualizada ás 07:20

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino está a informar aos profesores que "a Xunta de Galicia prevé para os orzamentos seguir reducindo o salario do profesorado". En concreto, o sindicato maioritario entre os profesores da pública alerta que o Executivo prevé gastar 23,3 millóns de euros menos en gastos de persoal para 2011.

None

A Conselleira de Facenda presentou esta semana o proxecto de orzamentos da Xunta para o próximo ano. Marta Fernández Curras presume que o Executivo blinda o "núcleo" do gasto social, é dicir, que non haberá recortes nin en Sanidade nin en Educación.

Un profesor perde 6.000 euros respecto ao seu salario de 2009

A avaliación da CIG é a contraria. "O Goberno Galego pretende continuar coa redución salarial do profesorado, que se concreta, aproximadamente, nunha media do 7 por cento nas nosas retribucións e nun 30 por cento nas pagas extras". O sindicato apunta, iso si, que estes recortes aplícanse dende 2010.

E que consecuencias concretas ten isto no salario dos mestres? A central calcula que perderon 15 puntos de poder adquisitivo en dous anos. Así, "un mestre sen sexenios perde ao redor de 4.200 euros", mentres que un traballador do ensino medio perde máis de 6.000 euros ao ano.

None

Só se cubrirán o 10% das baixas

Os recortes no ensino tamén son evidentes no número de docentes. O Gobero segue a insistir que este curso hai máis interinos, pero o certo é que as novas contratacións non chegan para suplir as baixas por xubilacións, etc. Parece que para o próximo curso pasará o mesmo, pois a "a oferta publica limitarase a cubrir 10 de cada 100 vacantes".

A fonte destes datos é a Mesa Xeral da Función Pública, na que o Goberno explicou este luns o proxecto de orzamentos aos sindicatos.

Valoración do PPdeG e da Xunta

As reacións a nivel político aos orzamentos son, como era prevísibel, diferentes. Mentres PSdeG e Bloque atacan os recores, o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda destaca que 3 de cada 4 euros irán destinados ao trinomio sanidade, educación e benestar".

O Goberno Galego vai aínda máis lonxe e nega calquera recorte. De feito, presume de "potenciar" o investimento social. "O Goberno galego seguirá potenciando o gasto social, con algo máis de tres de cada catro euros para sanidade, educación e servizos sociais, o que supón un incremento de 7,7 puntos respecto ao ano 2009", di unha nota de Facenda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 tixolas

s. Así, "un mestre sen sexenios perde ao redor de 4.200 euros", mentres que un traballador do ensino medio perde máis de 6.000 euros ao ano. a ver si simos rigurosos............. que vaya trola que estais a contar, esas cantidades suponen una media de 350 euros mes, y eso no es creible además, cuando el estado les bajó el sueldo el 7% supuso una media de 65 € por profesor

1 Ricardito

+ O 30% DAS PAGAS EXTRAORDINARIAS, + A PERDA SALARIAL POR MOR DA INFLACIÓN. PPSOE RUINA DA CLASE MEDIA.

2 tixolas

ricardito no te chutes anda, que no llega a esa cantidad ni sacándoles la pasta con navaja. si quieren ser ustedes creíbles den datos reales, no inflen por inflar , que esto no son los números de los que asisten a una mani, esto son datos contables y se pilla antes a un mentiroso que a un cojo

3 Touperroutou

Amigo Tixolas, os datos económicos son moi facilmente manipulables, incluso os que empregas tí. Vexamos, e dígocho coas nóminas diante: falamos de soldo bruto, porque o líquido depende das retencións, que son variables. A un profesor de medias, con 4 sexenios, a rebaixa supúxolle, tomando como referencia o soldo inicial do ano 2010, 141,61 € ao mes e 939,16 só na extra de nadal, que era onde estaba concentrada, total 1.789 € nese ano. No 2011, a redución sería de 3.149 €, pero como falamos de poder adquisitivo, e o IPC real do 2010 foi do 4%, a perda real sería de 4.936 €. Se consideramos un IPC previsto para o 2011 do 3% e llo aplicamos, daríanos, exactamente, 6.332 euros de perda de poder adquisitivo no ano 2012, un pouco máis do 14%, que vén sendo o que di o artigo. Pódoche asegurar que non me chuto.

4 tixolas

o sea , que por 18 h de trabajo + 2 guardias os pagan todo ese dinero mas el que dejas de ganar???? por cierto, los números que haces, muy molones si, pero.....los 939,16 de la extra es incorrecto, ya que lo he visto en directo y no llegó a los 400 ( x eso de tener familia del gremio) insisto, menos ingeniería económica, porque lo mismo quien lea estos números se os echa al cuello por la pasta que parece que un profe gana cuando no se acerca a eso ni de lejos

5 Touperroutou

Se queres mándoche unha copia da nómina. Polo demáis, o que non pode ser é negar os números e despois, vendo que son certos, criticar o soldo. Para iso empeza un por aí.

6 Akribéstaton

A ver, tixolas, deixa-te de lérias e diz o que ganha um profe. O teu familiar, por exemplo. A ver si imos ter aqui o típico fala-barato pepé. O que explicaria sua hipócrita escandaleira.

7 tixolas

pues mira, profesora de primaria ascrita a secundaria, sin jefatura, 20 años de trabajo cobra neto 1.970 , su bajada de sueldo despues del 7% del estado y de subirle al 18% ( tenía el 16 por tener a los hijos con ella)....95 pavos mes, en su extraordinaria de agosto no llegó a 400, le pediré las nóminas , y no tengo problemas en poner los números exactos

8 Akribéstaton

À volta de 2000 euros de salário líquido. Bem, segundo tu, e tendo em conta o trabalho a desenvolver e a situação económica presente (o que inclui os salários das outras profissões), isso é pouco ou muito?

9 Quique

Tixolas, seguro que ti traballas 20 horas e es un badulaque pero eu, en secundaria, traballo non só as miñas 18 horas de clase, 2 gardas, 1 h de departamento 8que cumprimos escrupulosamente e deriva en medidas e actividades que cómpre programas e xestionar) e a miña hora de atención ás familias (esta semana quedei unha tarde fóra do meu horario para atender unha nai e un pai: comín fóra ademais para poder quedar). Asegúroche que ademais tiven o que se chama avaliación inicial unha tarde enteira (para a semana toca outra con outro ciclo) e claustro de 2 horas. Estamos traballando na atención individualizada a rapaces con problemas cognitivos, preparei as miñas clases e estou corrixindo os primeiros traballos e exames. Esta semana paso de sobra das 40 horas. Badulaque seralo ti, ademais de mentirán e envexoso.