A asociación Aldea Viva presenta alegacións para rexeitar o proxecto de drenaxe na mina de Touro

A asociación considera un "despropósito" o bombeo de auga das balsas cara os afluentes do río Ulla e que acabaría por contaminalo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A asociación Aldea Viva enviou un resumo das alegacións presentadas diante Augas de Galicia. Nelas expoñen que o proxecto de drenaxe "consistiría en anular os ríos contaminados da contorna da mina de Touro" e bombealos ás balsas mineiras que están abandonadas "o que acabará provocando que as augas vaian directas aos aflúentes do Ulla". Este "despropósito de proxecto debe ser rexeitado, obrigando á empresa a presentar un proxecto definitivo e coherente que poña fin a decenas de anos de impunidade medioambiental".

Río Portapego, en Touro, con verteduras derivadas da mina
Río Portapego, en Touro, con verteduras derivadas da mina

A asociación presenta catro eixos sobre os que senta a súa reclamación. O primeiro é administrativo e descríbeno como que "a autorización do proxecto temporal por Minas Coruña está condicionada á presentación dun proxecto de drenaxe definitivo por parte de EXGA nun prazo de tres meses, 6 de novembro a 6 de febreiro. Descoñecemos se foi presentado nese prazo". No caso de que se presentara a documentación no prazo de tempo requerido, "débese volver  a tramitar un periodo de información pública, que suporía o decaemento deste proxecto temporal".

Aldea Viva denuncia o seguinte parágrafo do documento que presentou a empresa para xustificar a drenaxe "después de la adquisición de la mina se actúo contundentemente sobre todos los terrenos.. los únicos  puntos sobre los que se  no actuó, y esto fue premeditado: Portapego, Angumil e Felisa por donde salen aguas ácidas provenientes de las presas de estériles. En estos puntos se ha generado un ecosistema de gran interés científico”

A resposta da asociación é que "non responde á verdade decir que non se actuou". Segundo Aldea Viva "o certo é que si se fixo, pero para empeorar. Achégaronse  a Augas de Galicia documentos gráficos, denuncias desde o ano 1.999, Actas dos Plenos da Corporación, e ortofotos anuais desde 1990 ata 2014 nas que se aprecia con claridade os cambios de orografías, clausura da balsa mediante a aportación de lodos e  materiais de refugallo que a enterraron, ademáis das obras de acceso ao Polígono Industrial".

Citan tamén que no “relato” de EXGA citase “que se trata de tres fuentes de agua, Angumil, Portapego e Felisa, que surgen al pie del talud de la antigua mina que proceden de la infiltración y percolación del agua a través de los lodos de las antiguas presas con partículas que provocan la generación de drenajes ácidas” . Así, a resposta de Aldea Viva é que "non son tres fontes as afectadas, senon nove. O Felisa ten catro fontes ou surxencias de auga. Achegamoslle a Augas de Galicia as coordenadas das 9 localizadas"

O aspecto técnico tamén é analizado como "un proxecto hidrolóxico do que forman parte medicións  pluviométricas, coeficientes de escorrentía e outros índices que deben ser medidos en base a un chamado período de retorno".Desta maneira, Aldea Viva sianala que "EXGA calcula os valores de escorrentía manexando segundo lle convén períodos de retorno distintos co fin de minorar os caudais máximos, xa que de facer os cálculos de xeito correcto evidenciaríase a inviabilidade do proxecto".

Os cálculos que fai Aldea Viva e que "se axustan á normativa vixente  outorgan uns valores entre 4 e 20 veces superiores, tendo en conta que o período debe ser o mesmo para todos os índices". Aldea Viva di que a empresa considera "os terreos afectados pertencen ao grupo hidróloxico A, cando deberían ser incluídos polas suas características, textura e existencia dunha capa impermeable entre 50 e 100 centimetros, nos Grupos B ou C". Segundo as medicións  do proxecto a ribeira do Vieiro mide 192.852 m2 e "asígnaselle un índice 0 cando só 53.000 m2 están ocupados pola balsa".

Aldea Viva tamén afirma que "denunciou obras ilegais da mineira de Touro antes de sair este proxecto a exposición pública". Declaran ademais que "de non ser por esta denuncia a empresa seguiría adiante ao marxe da legalidade como acostuma facer". Denuncian as obras por "carecer de licencia diante da Alcaldía que as paralizou ao día seguinte". Logo da paralización, segundo a asociación, a alcaldía "levanta a paralización para volver a aplicala despois dun recurso de reposición de Aldea Viva. Neste momento continuan paralizadas as obras ata que Augas de Galicia resolva.

Por último, Aldea Viva declara que "EXGA, máxima accionista de Cobre San Rafel, segue facendo gala da minaría Low Cost, que consiste no máximo beneficio posible a costa do medio ambiente, apoiada pola Xunta de Galicia que lle axuda a blanquear as súas desfeitas a través de campañas como "Minaría Sostible de Galicia".  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta