Reflexión

Dúas lexislaturas, oito anos, e pouco ou nada a ensalzar do paso de Rodríguez Zapatero e o seu goberno pola Moncloa. E recalco a mención o seu equipo gubernamental porque compartindo mesa e decisións estaba o ministro José Blanco e aí estaba tamén Pérez Rubalca, disposto agora a tomar o relevo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 25/10/2011

Comparte esta noticia

En Lugo, dende logo, non lembraremos como decisiva para o interese xeral da provincia esta etapa socialista. Nin sequera por moito que o titular de Fomento insista nelo, repetindo a retahíla de obras e investimentos que ía facer, un saco que parecía sen fondo pero que foi achicándose ó son de paralizacións ou aprazamentos.

Do que non teño dúbida é que os ó redor de 120.000 xubilados lucenses vanse acordar moito de Zapatero, eles e os do resto do país. Coma outras moitas cousas, a conxelación das pensións non ten precedentes na nosa historia, como tampouco a reducción salarial aplicada ós funcionarios.

Este goberno socialista, con oito anos plagados de erros e despilfarros (como doen agora os 13.500 millóns de euros sepultados no Plan E), de medidas insólitas, por non decir increíbles, contraproducentes ou directamente inútiles, palmeadas (non hai que esquecelo) por Alfredo Rubalcaba, provocou non xa un violento freazo no noso desenvolvemento económico senón un retroceso de consecuencias difíciles de cuantificar e, o máis preocupante, de remontar.

A constante perda do poder adquisitivo; o igualmente constante incremento da presión fiscal; a terrorífica destrucción de emprego por non falar xa doutros índices económicos dos que xa todos nos convertemos en expertos ou o desprestixio internacional no que irremediablemente caeu o noso país está aí, presente e innegable.

Estamos ás portas dunha nova campaña electoral e sei que os lucenses están fartos de escoitar promesas, pero convidoos a facer unha reflexión: estariamos agora a vivir unha situación diferente se quen tiña as rendas do país nos dixera a verdade?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA