Esquerda Unida censura os "intentos vagos de baleirar" o feminismo por parte da dereita

Apela á mobilización "nun momento no que o movemento feminista está atacado desde os sectores máis conservadores".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2019 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, censurou os "intentos vagos de baleirar" a ideoloxía feminista e subliñou que "está intimamente unida á cuestión de clase". "O feminismo nunca vai poder estar vinculado a algo que non sexa a loita contra o capitalismo", aseverou.

A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla
A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla

Solla pronunciou estas declaracións na presentación dos actos que organiza Esquerda Unida con motivo do Día da Muller, que se conmemora este venres 8 de marzo. A líder de EU estivo acompañada pola coordinadora da área da muller da organización federalista, Raquel Bernárdez, que alertou ante os "ataques dos sectores máis conservadores" cara ás "conquistas do feminismo nos últimos anos".

"Onte (o domingo) escoitabamos a Feijóo dicir ás feministas como temos que ser feministas, o que agocha o descoñecemento da teoría e a historia do feminismo", aseverou Bernárdez, que incidiu en que as mulleres "non van dar un paso atrás".

Eva Solla destacou a "terrible" fenda salarial entre mulleres e homes como un dos principais motivos para secundar as mobilizacións e a folga convocada para este venres.

Así, lembrou que, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) do ano 2016 —último con rexistros—, as mulleres perciben 5.480 euros menos que os homes, "un dato relevante que incide na feminización da pobreza".

"A fenda salarial está causada por motivos como a precariedade laboral, a temporalidade dos contratos e polo diferente valor que se lle dá ao traballo realizado polas mulleres en comparación co que fai os homes", remarcou.

A tamén deputada de En Marea puxo como exemplo desta realidade os diferentes convenios segundo a actividade, como o do "feminizado" sector da limpeza cun salario bruto de 14.591 euros mentres que no de seguridade, que ocupa principalmente a homes, a media de retribución sitúase en 17.177 euros anuais.

XORNADAS FEMINISTAS

Así as cousas, EU organiza unhas xornadas sobre o feminismo que arrincan este xoves 7 de marzo cun relatorio de Eva Solla sobre a fenda salarial.

A segunda cita terá lugar o próximo 20 de marzo en Vigo, onde a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, compartirá unha charla con traballadoras do sector do mar.

O venres 22 de marzo é a data elixida para o peche das xornadas. Será na Coruña e contará coa participación da deputada na recentemente finalizada lexislatura Yolanda Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

Seica o triunvirato de Vigo xa acadou a súa representante feminista (a filla de Ferrín) que vai da man de Rubén Pérez (o bloqueador de contas!) e á cola o tapado de Rubén en Podemos Vigo !!! Unha marabilla comprobar como nin siquera podemos facer comentarios sobre a situación de Vigo (unha cousa é bloquear a conta privada e outro ben distinta impedir que se coñeza a realidade de Vigo!) Os 16.000 votos quedarán reducidos a 10.000 con sorte !!! https://www.lavozdegalicia.es/notic...

3 Riuriu

Esta señora llamada Eva Solla trinca cada año 96000 euros de dinero de todos los gallegos.. En 4 años ganará más que muchos trabajadores en su vida

2 Gamela

O cinismo desta muller é algo insoportable ! Feminista de clase a 96.000 €uros (ela debe ser a única muller que cobra esta cantidade en Galicia!) O cinismo debera ser delito !!!

1 camandulas e farsantes

mais e mais tomaduras de pelo... mais e mais esperpento da comunista... do expañolismo!!! idevos idevos xa da Galiza!!!! ARCHIFARSANTES!