A mensaxe do 8M

Que as sociedades humanas son dinámicas e que evolucionan ideolóxicamente ninguén o pon en cuestión. Polo que, a teoría de que o fixismo ideolóxico é inmutabel e durará sempre, quedou totalmente en entredito. Con todo, hai certas cuestións consideradas básicas nunha comunidade humana que deberan ser permanentes e incuestionables. Cuestións que basicamente están recollidas no que se entende por dereitos humanos. Quedando todo o demais, sometido á evolución permanente segundo a maneira de pensar de cada tempo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 14/03/2019

Comparte esta noticia
O fenómeno coñecido como movemento feminista que empezou hai moitos anos, estase a converter nunha forza social  que, por afectare a máis do 50% da sociedade  hai que prestarlle moita atención, pois veu pra quedarese e  xa forma parte das nosas vidas.  As  consecuencias de tal movemento van máis alá do que pudera ser unha corrente asimilada a unha ideoloxía política concreta. Van máis alá do que se entende por unha moda.
 
Como moitos cidadáns lembrarán,  cando nos anos sesenta e a principios dos setenta as mulleres empezaron a vestir a prenda que ate o momento era unicamente dos homes: o pantalón, e posteriormente a minifalda, a sociedade do momento sentiuse un tanto sacudida pois algo novo chegaba. E con ela viña  unha  forma de vida que non era asimilada totalmente polo conxunto da xente, pero que foi calando como choiva fina ate ser algo normal. Aquela rebeldía, logo chamada moda, permitiu que a forma de vestir rachara certos tabús. E dende aquelas datas, aínda no franquismo, o peso da muller na sociedade foise facendo  máis presente; foi gañando espazos de liberdade e rematando con preceptos legais que a marxinaban. 
 
Os anos  transcurridos converteron ó movemento feminista nun fenómeno mundial que, partindo de occidente foi abríndose camiño, e seguiráo facendo,  en países onde as mulleres está relegadas de moitos dereitos que eiquí son exercidos con toda normalidade.
 
Como todos os movementos sociais, iste ten posibles excesos que se manifestan por parte de persoas que, buscando a chamada liberación total da muller, mesturan reivindicacións e critican formas  de vida, culpando ós modelos económicos vixentes, de todos os malea habidos. Claro,  sen dar alternativa algunha para sutituilos con certas garantías de fiabilidade. 
O certo é que as manifestacións recentes abren a porta a unha sociedade diferente na que é preciso compartir; na que é necesario trocar conductas e rachar cos chamados teitos de cristal que impiden unha igualdade real  de dereitos entre homes e mulleres. Rematar coa violencia machista é unha obriga moral.  E pra elo son necesarias modificacións importantes que abrangueran o campo lexislativo, o educativo, o  social e mesmo o relixioso. Pois ningún estamento poderá manterse ó marxe dun movemento social tan amplo é vital para a sociedade. Os que soñan con voltar ó pasado e pretenden que levarnos ás épocas nas que a muller estaba relegada soamente ás tarefas da casa, errados van.
 
En fin, hai forzas que moven o mundo, é o feminismo deixouno claro hai uns días. Polo que camiñamos cara unha sociedade dinámica onde a igualdade e o compartir  será a forma de vida e o futuro da sociedade. E o mundo dos roles herdados e inmutabeis pasará o esquecemento.

Manifestación en Vigo do 8M, Día Internacional da Muller
Manifestación en Vigo do 8M, Día Internacional da Muller | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com