Publicada a declaración de impacto ambiental do proxecto de transformación de regadío na Limia

O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santa Baiona de Losón (Pontevedra), que beneficia a 520 propietarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o anuncio da Consellería do Medio Rural sobre a resolución favorable da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de transformación das comunidades de regadoras de varios regadíos das comunidades da Limia (Ourense).

Concretamente, as comunidades aludidas son Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, nos concellos da Porqueira, Trasmiras e Xinzo de Limia.

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural comproba a adecuación dos proxectos á declaración de impacto, especialmente a construción dos pozos para a captación das augas subterráneas con destino á rega do catro comunidades, tal e como informou nun comunicado o departamento autonómico.

A consellería informou de que convocará "en breve" unha nova reunión do comité de seguimento dos regadíos, presidido polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, no que informará dos seguintes pasos.

REESTRUTURACIÓN PARCELARIA

Por outra banda, o DOG publica o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o novo acordo da reestruturación parcelaria da zona de Santa Baia de Losón, no concello de Lalín (Pontevedra).

Este paso afecta a 693 hectáreas, e supón a reorganización de 3.152 parcelas en 945 predios, propiedade de 520 veciños. A consellería detallou que "as persoas interesadas poden interpor recurso de alzada dentro do prazo dun mes, contando desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación sustitutiva".

Camión de Coren descargando xurro de granxas de polos nunha leira do Val da Limia
Camión de Coren descargando xurro de granxas de polos nunha leira do Val da Limia | Fonte: MEL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta