Esquerda Unida elixe os seus candidatos para o 28-A, con Yolanda Díaz por Pontevedra

A formación cre que a confluencia de En Común-Unidas Podemos é a "única arma para combater nas institucións as políticas que atacan os dereitos da clase traballadora"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Esquerda Unida elixiu as persoas candidatas para as Eleccións Xerais do 28 de abril nas provincias galegas, entre as que figura por Pontevedra a ferrolá Yolanda Díaz.

Conforme aos resultados, na Coruña a lista está encabezada por Loreto Taibo Rama con Luís Víctor Ruíz, como segundo. Por Lugo encabeza Vanesa Somoza Domínguez seguida de Héctor Ortega Sánchez; e por Ourense Isabel Peña-Rey, seguida de José Antonio Villar Blanco. No caso de Pontevedra, a lista encabézaa Yolanda Díaz, seguida de Juan José Rodríguez.

O acordo político estableceuse nun marco propio para Galicia, en colaboración con Esquerda Unida Federal. A proposta de coalición foi avalada por máis do 80% a favor da consulta interna aos militantes e simpatizantes no referendo sobre as eleccións xerais do 28-A que tivo lugar o xoves e o venres.

Esquerda Unida destacou que "a pesar das dificultades, condicionadas pola limitación do marco temporal, Esquerda Unida afronta en positivo e con forza o proceso de Eleccións Xerais". A formación móstrase "convencida de que a presenza da confluencia da esquerda rupturista no Congreso e no Senado, a través de En Común-Unidas Podemos, é a única arma para combater nas institucións as políticas que atacan aos dereitos da clase traballadora".

En Común-Unidas Podemos é a marca electoral elixida para a coalición de Esquerda Unida, Podemos Galicia e Equo para as xerais e coa que precisamente Yolanda Díaz encabezará a lista por Pontevedra. Desta forma, Díaz cambia de circunscrición e lidera a lista por Pontevedra, mentres que a da Coruña quedará encabezada polo actual secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino.

Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz
Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

O mesmo cabalo de Troia de Unidas-Podemos / agora coa variante EnComún (para apañar as Deputacións nas vindeiras Municipais) Panda de trepas! Ora pro nobis!!! Propoño un voto-bomba que os faga saltar polos aires! https://i.gal/gamela05

1 lóstrego

Como la flipas, macho!. Ti si que eres "moto bomba" pero de achicar parvadas.

2 Gamela

Se che parece unha parvada vivir nun mundo onde sexas directamente eliminado da circulación por DISIDENTE, entón estamos dacordo !!! https://flic.kr/p/2cQ4ewW