"Reaxustes" nas listas municipais do PSOE na Coruña, Ferrol e Ourense

As candidaturas de Vigo, Santiago, Pontevedra e Lugo non sufriron modificacións por parte da Comisión Federal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2019 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A Comisión Federal de Listas do PSOE de Pedro Sánchez introduciu "reaxustes" este domingo nas listas ás eleccións municipais polas cidades da Coruña, Ferrol e Ourense, nas que existiron diferenzas entre as propostas dos candidatos e as direccións locais. Porén, apoiou sen modificacións as de Vigo, Santiago, Pontevedra e Lugo.

A Comisión estableceu así cambios na lista pola Coruña que lidera Inés Rey, na que soben Juan Manuel Díaz Villoslada, do número oito ao catro e Jesús Celemín, que pasa de primeiro suplente ao posto seis -foi o segundo home máis votado na asemblea local--

As persoas que ocupaban o postos catro e seis na lista inicial, Juan Ignacio Borrego e Francisco Dinís, pasarán agora ao número oito e ao dez.

CAMBIOS EN FERROL E EN OURENSE

En total, establecéronse cambios nunhas 20 cidades en toda España, entre as que tamén figura Ferrol, con "reaxustes" na lista do candidato Ángel Mato, coa entrada de dous afíns á secretaria xeral Beatriz Sestayo: Germán Costoya, actual concelleiro, que perdeu as primarias fronte a Mato, ocupará o posto 5 -no canto de Julián Reina- e Cristina Prados, estará no oito.

En Ourense, o cambio limitouse á entrada de Concha García, membro da dirección galega, no posto catro, de xeito que substiúe a Juana Ageitos, que pasa ao 10.

O PSOE introduce 'reaxustes' nas listas dos candidatos ás municipais. PARTIDO SOCIALISTA
O PSOE introduce 'reaxustes' nas listas dos candidatos ás municipais. PARTIDO SOCIALISTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta