Queres deseñar bolsas de tea para concienciar sobre a redución de plásticos?

A Xunta pon en marcha dúas iniciativas dirixidas tanto a estudantes de Escolas Superiores de Deseño e universitarios como ao alumnado de primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2019 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Unha nova campaña impulsada pola Xunta de Galicia busca avanzar máis na redución do uso dos plásticos. Neste marco, convocaranse dous concursos de deseño de bolsas de tea destinadas á compra e á merenda para fomentar a conciencia social dos cidadáns nesta materia e a procura de alternativas menos contaminantes.

En rolda de prensa, a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, advertiu dos "elevados niveis" de contaminación relacionada co uso deste material, e que só se recicla o 9% de todo o plástico que se consome. Por iso considerou que a imposición do pago polas bolsas de plástico nos establecementos comerciais é "un pequeno paso", pero que aínda "hai que ir máis aló".

A Xunta impulsa dous concursos de deseño de bolsas de tea para concienciar sobre o uso de plásticos. XUNTA
A Xunta impulsa dous concursos de deseño de bolsas de tea para concienciar sobre o uso de plásticos. XUNTA | Fonte: Europa Press

PRIMEIRA EDICIÓN DOS CERTAMES

Os concursos presentados este luns van precisamente nesta liña. O primeiro certame está dirixido a alumnos das Escolas Superiores de Deseño galegas e estudantes universitarios nesta rama, Publicidade e Belas Artes.

A proposta gañadora converterase na imaxe dun total de 15.000 bolsas de tea que se distribuirán gratuitamente entre establecementos comerciais de toda a comunidade autónoma, mentres que os autores recibirán unha dotación de 500 euros e outra coa mesma contía que se destinará a unha ONG da súa elección que traballe no ámbito ambiental.

A segunda proposta está destinada a alumnos de primaria, que terán que expor un deseño de bolsa de merenda que se plasmará nunhas 3.000 unidades de tea, que se repartirán á súa vez a escolares de distintos puntos de Galicia. O premio neste caso será de 250 euros para o alumno e outros 250 euros para o centro onde estuda, e en ambos os casos destinarase á compra de material escolar.

"DEIXAR DE PLASTIFICAR" O MUNDO

Vázquez animou aos mozos a "chegar a todos" e a ser "partícipes" da loita polo medio ambiente e contra o cambio climático, concienciando á sociedade de que "cada un" pode axudar a "deixar de plastificar o mundo" na medida das súas posibilidades.

O prazo de presentación de traballos estenderase desde este martes ata o próximo 28 de abril. As propostas serán seleccionadas por un xurado especializado, mentres que no caso do primeiro concurso realizarase unha criba de finalistas que terán que pasar unha votación pública a través da web 'www.menosbolsas.gal'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta