O BNG inicia a guerra interna cos ollos postos na vindeira Asemblea

Guillerme Vázquez amagou con deixalo, Encontro Irmandiño con votar a favor da dimisión de toda a Executiva e Teresa Táboas foi a protagonista na asemblea de Máis Galiza. O Consello Nacional deixou grandes diferencias entre as distintas correntes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/11/2011 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

As pasadas eleccións supuxeron un punto de inflexión na situación interna do BNG e deron inicio á carreira ou ás batallas polo futuro da formación frentista. As tres grandes correntes do BNG; UPG, Máis Galiza e Encontro Irmandiño non están moi lonxe de chegar a acordos ou puntos comúns, polo menos, nesta primeira fase da preasamblea.

None

Finalmente, nin Guillerme puxo o seu cargo a disposición do Consello Nacional, nin foi ratificado por ninguén para facelo durante o Consello Nacional que o Bloque realizou este sábado e no que houbo artillería pesada por parte de todas as correntes. A UPG foi a única formación que defendeu como bos os resultados e criticou duramente a EI e, especialmente, a Beiras por "airear" fora a situación interna do BNG.

 

Ei, pola contra --sen un Beiras que estaba no Foro Mundial--, criticou duramente os resultados do 20N e pediu a dimisión da Executiva nacionalista --na que non están representados-- logo do amago de Guillerme Vázquez de deixar o seu cargo. 

 

E, Máis Galiza, que tamén foi crítica cos resultados, dixo, pola contra, que "non era momento" de dimisións nin de por os cargos a disposición de ninguén.

Por iso, Vázquez, tras a defensa feita pola UPG do seu papel nos comicios, e o desinterese por parte de Máis Galiza, evitou someter a votación do Consello Nacional o que antes anunciara nunha rolda de prensa. "Entendo que o Consello respalda a miña continuidade", dixo. Tampouco EI propuxo someter a votacion a dimisión de toda a Executiva e, finalmente, desde a dirección de comunicación do BNG sinalábase a varios medios que Vázquez fora "respaldado por unanimidade".

 

Desmentido 

 

Unha versión que foi desmentida categóricamente tanto por EI coms por Máis Galiza que suliñaron, logo da reunión, que Vázquez non foi respaldado por ninguén porque, “non quixo someter a votación a súa decisión de poñer o cargo a disposición do Consello”.

 

E é que o único no que coincidiron as correntes do BNG na xuntanza deste sábado foi en mostrar a súa satisfacción por manter os dous escanos en Madrid. No resto non houbo ningún consenso, principalmente, na valoración dos resultados electorais. Uns resultados que a UPG defendeu como bos. “A min mesmo me chegou a felicitar Zapatero, os de EU, ERC ou CiU”, chegou a dicir Francisco Jorquera.

 

Pero, tanto EI coma Máis Galiza coincidiron en suliñar que os resultados non foran bos e que había que analizar e reflexionar por que se perdían 30.000 votos con respecto aos comicios de hai catro anos.

 

Os momentos de máis tensión foron cando algúns dos que tomaron a palabra –principalmente da UPG— pediron que os debates se dean dentro do BNG e non fóra. Unha clara alusión a Beiras. Algúns dirixentes nacionalistas mesmo foron máis lonxe e chegaron a decir que “se isto non se arranxa polas boas, haberá que arranxalo polas malas”.

 

Teresa Táboas

 

Outra das sorpresas deste sábado foi a dimisión de Terexa Táboas e de Antón Pérez Lema, Luis Barcia e Pablo Fernández Mariñas –todos eles moi próximos a Anxo Quintana—como militantes de Máis Galiza. Unha decisión que xa se coñecía de hai algún tempo pero chegou xusto cando se ía celebrar o congreso desta corrente que elixía a Carlos Aymerich coma candidato desta formación ás eleccións autonómicas.

 

“Desde logo foi un golpe baixo. Non é nada elegante que unha muller que foi conselleira e que tivo cargos de responsabilidade importantes saíra pola porta de atrás só porque non puidera ser ela a candidata de Máis Galiza… Semella máis unha pataleta que outra cousa”, apuntou un direxente desta corrente consultado.

 

“O de Teresa Táboas non é novo. Xa o sabían en Máis Galiza desde hai tempo e Aymerich nunca fixo nada por tender pontes, máis ben, todo o contrario. Só fixo público o que xa se sabía”, apunta outra fonte próxima a ex conselleira.

 

Con todo, a súa decisión molestou na dirección de Máis Galiza que acusa de Táboas de “maniobrar” para desacreditar a Máis Galiza. “Desde logo deixounos nunha mala situación, sobre todo, nun momento que era necesario a unidade para facer fronte á UPG”, concluén desde esta corrente.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 118 comentarios

30 champú

As correntes descabezadas, polo tanto seudocorrentes, do bng non dan pancada porque non teñen organización, e quen ten organización ten fácil acusar a estas seudocorrentes de críticos que non aportan nada. Xa hai ben tempo que está o mango da tixola ben collido. Na teoria nunha nación colonizada hai poucas posibilidades de que unha forza política trunfe, se afiance na poboación e leve adiante un proceso de liberación, e na práctica constátase isto pero esta realidade acabou sendo unha forma de vida para a xente asalariada do partido que son incondicionais aos seus dirixentes. Confúndese interesadamente a crítica construtiva coa destrutiva, aplícase a verdade de que só ten autoridade moral o que aporta traballo e non vale de nada o traballo si non eres do partido.

29 Lubre

Ao ler os comentarios, as críticas, os xuízos de valor e, mesmo, os ataques á xugular das persoas, un non sabe que pensar nin que dicir. Mellor dito, si: un pensa que, se os problemas se solucionan deste xeito, mellor é deixalos que apodrezan sós. Ninguén dá a menor oportunidade ao suposto adversario, ninguén posibilita a esperanza que moitos abrigamos de que a dignidade, a liberdade, o progreso das galegas e galegos e, mesmo a existencia da nosa terra, sexan defendidos por algún movemento que non pense no seu embigo e que teña a “carraxe” de servir á nosa masacrada identidade. Infinitamente máis que todas as siglas que se citan, infinitamente máis que todas as persoas imbricadas, é o Pobo Galego, ese que, sen protestar, leva séculos sendo vítima de manipulacións externas e internas. Só os bos e xenerosos comprenden o corazón dos e das Galeg@s.

28 Outromáis

Marío López Rico filtra todo o que se di no Consello Nacional e antes na Executiva aos medios de comunicación. Non merece a confianza para representar ao BNG.

27 Wellcome Lenin

Como dan o cante os trolls españolistas facendose pasar por bloqueiros desencantados! saen dos seus buracos coma larartos o sol, nada mais sair unha nova da bloqueirada. A min traeme o pairo as desventuras da bloqueirada, pero sinto unha necesidade polo ben da saúde pública combater o españolismo e as suas pantomimas alí omde se manifeste

26 Antón

Máis de 100 militantes, algúns membros do Consello Nacional, están,xa, coa de decisión tomada. Despois da Asemblea Nacional daranse de baixa do BNG. A escisión está garantida xa. Algún deses cadros está moi activo no confronto coa UPG, quen corta o bacallau realmente no Bloque.

1 Antón

E que van entrar no PP? iso de montar un novo partido non o crees nin ti, morrerian antes de empezar a sua andaina, a non ser que lles encante o frikismo da marxinalidade, te crees que son tan nécios coma ti? olla o que lles pasou os escindidos hai un ano de ERC que xa voltaron en candidaturas conxuntas despois dunhos resultados electorais nefastos, non sexas argalleiro, larchán españolista que non sabes distinguir entre unha loita polo poder e un cisma.

2 Manuel

Pois coido que Antón non se equivoca no tema da escisión. Hai xa militantes dabondo para montar unha alternativa, xente que coa suficiente experiencia e calidade profesional como para poder vivir do seu traballo, co cal o de ser ou non marxinal é unha aposta que estaremos disposta a facer polo país. Debémonos a Galiza e non a unha siglas, e se a UPG non move ficha, como parece que así vai ser, os galegos terán a partir da vindeira asemblea unha nova opción política, útil e non un partido-sindical dirixido por liberados que é o que hai agora. Viva Galiza e os galegos, ¡adiante!

3 Rayleigh

Si..igualiño que Converxencia..PAra a vosa desgraza a xente non vota nin UPG, nin +GZ, nin EI..nin nada polo estilo. A xente vota BNG. Quen se quede coa marca, sobrevivirá. Quen se vai a quedar coas siglas?

4 Antón

Unha nova formación política pode, pero condeada o fracaso, pero un novo sindicato? e centrista pra mais coña, esqueciches tomar a medicación?.

5 Antón

porque eso de partido sindicalizado ou dirixido pola CIG non o crees nin ti, a forma de actuar do bloque e o seu ideario é distinto da CIG eso veo calqueira. Todolos iluninati creen actuar por misión divina o por servela patria,é o que o pobo desexa é unidade vai farto de atomizacións e reinos de Taifas.

6 brais

Pois eu si creo que unha nova forza terá espazo. Somos moitos os que votamos BNG porque no nacionalismo non hai outra opción. Pero se o Bloque non se refunda e supera esta fase de permanente guerra civil entre as taifas que o compoñen, non teremos ningunha dúbida en apoiar o proxecto alternativo que se forme.

7 mgec

Pode ser unha desgraza para algúns aturar á UPG, pero se a alternativa é unirse ós "Renovar o BNG" e demáis ralea. Non saben onde se meten. De Guatemala a Guatepeor.

8 Cesáreo

Unha formación socialdemócrata-librearal, situada no centro galeguista...mi má!!! Cómo pon dos nervos ao persoal bloqueiro...hahahahaha