O BNG inicia a guerra interna cos ollos postos na vindeira Asemblea

Guillerme Vázquez amagou con deixalo, Encontro Irmandiño con votar a favor da dimisión de toda a Executiva e Teresa Táboas foi a protagonista na asemblea de Máis Galiza. O Consello Nacional deixou grandes diferencias entre as distintas correntes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/11/2011 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

As pasadas eleccións supuxeron un punto de inflexión na situación interna do BNG e deron inicio á carreira ou ás batallas polo futuro da formación frentista. As tres grandes correntes do BNG; UPG, Máis Galiza e Encontro Irmandiño non están moi lonxe de chegar a acordos ou puntos comúns, polo menos, nesta primeira fase da preasamblea.

None

Finalmente, nin Guillerme puxo o seu cargo a disposición do Consello Nacional, nin foi ratificado por ninguén para facelo durante o Consello Nacional que o Bloque realizou este sábado e no que houbo artillería pesada por parte de todas as correntes. A UPG foi a única formación que defendeu como bos os resultados e criticou duramente a EI e, especialmente, a Beiras por "airear" fora a situación interna do BNG.

 

Ei, pola contra --sen un Beiras que estaba no Foro Mundial--, criticou duramente os resultados do 20N e pediu a dimisión da Executiva nacionalista --na que non están representados-- logo do amago de Guillerme Vázquez de deixar o seu cargo. 

 

E, Máis Galiza, que tamén foi crítica cos resultados, dixo, pola contra, que "non era momento" de dimisións nin de por os cargos a disposición de ninguén.

Por iso, Vázquez, tras a defensa feita pola UPG do seu papel nos comicios, e o desinterese por parte de Máis Galiza, evitou someter a votación do Consello Nacional o que antes anunciara nunha rolda de prensa. "Entendo que o Consello respalda a miña continuidade", dixo. Tampouco EI propuxo someter a votacion a dimisión de toda a Executiva e, finalmente, desde a dirección de comunicación do BNG sinalábase a varios medios que Vázquez fora "respaldado por unanimidade".

 

Desmentido 

 

Unha versión que foi desmentida categóricamente tanto por EI coms por Máis Galiza que suliñaron, logo da reunión, que Vázquez non foi respaldado por ninguén porque, “non quixo someter a votación a súa decisión de poñer o cargo a disposición do Consello”.

 

E é que o único no que coincidiron as correntes do BNG na xuntanza deste sábado foi en mostrar a súa satisfacción por manter os dous escanos en Madrid. No resto non houbo ningún consenso, principalmente, na valoración dos resultados electorais. Uns resultados que a UPG defendeu como bos. “A min mesmo me chegou a felicitar Zapatero, os de EU, ERC ou CiU”, chegou a dicir Francisco Jorquera.

 

Pero, tanto EI coma Máis Galiza coincidiron en suliñar que os resultados non foran bos e que había que analizar e reflexionar por que se perdían 30.000 votos con respecto aos comicios de hai catro anos.

 

Os momentos de máis tensión foron cando algúns dos que tomaron a palabra –principalmente da UPG— pediron que os debates se dean dentro do BNG e non fóra. Unha clara alusión a Beiras. Algúns dirixentes nacionalistas mesmo foron máis lonxe e chegaron a decir que “se isto non se arranxa polas boas, haberá que arranxalo polas malas”.

 

Teresa Táboas

 

Outra das sorpresas deste sábado foi a dimisión de Terexa Táboas e de Antón Pérez Lema, Luis Barcia e Pablo Fernández Mariñas –todos eles moi próximos a Anxo Quintana—como militantes de Máis Galiza. Unha decisión que xa se coñecía de hai algún tempo pero chegou xusto cando se ía celebrar o congreso desta corrente que elixía a Carlos Aymerich coma candidato desta formación ás eleccións autonómicas.

 

“Desde logo foi un golpe baixo. Non é nada elegante que unha muller que foi conselleira e que tivo cargos de responsabilidade importantes saíra pola porta de atrás só porque non puidera ser ela a candidata de Máis Galiza… Semella máis unha pataleta que outra cousa”, apuntou un direxente desta corrente consultado.

 

“O de Teresa Táboas non é novo. Xa o sabían en Máis Galiza desde hai tempo e Aymerich nunca fixo nada por tender pontes, máis ben, todo o contrario. Só fixo público o que xa se sabía”, apunta outra fonte próxima a ex conselleira.

 

Con todo, a súa decisión molestou na dirección de Máis Galiza que acusa de Táboas de “maniobrar” para desacreditar a Máis Galiza. “Desde logo deixounos nunha mala situación, sobre todo, nun momento que era necesario a unidade para facer fronte á UPG”, concluén desde esta corrente.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 118 comentarios

25 Lobo

Alguen pode decirme cantos votos acadou o "centrismo galego"?

1 sorro

Lobiño manso, serás ti o lobo híbrido do Barbanza que está facendo dexenerar a especie? Que non es lobo, es canciño mantido con colar da UPG! Apúrate, que andan a caza do lobo falso! Que vergoña, un lobo domesticado ou doméstico querendo facerse pasar por autentico!

2 achatarrado

Lobo: Parece que Sorro coñécete ben

24 Ray da U

O importante son os postos. Querou un postiño ben quentiño

1 Rayleigh

Mmmm..O que eu quero é a disolución interna de TÓDALAS correntes, partidos, partidiños e demáis agrupacións de amigos. Iso inclúe á UPG, para máis señas. Ti, de que tribo ves sendo?

23 Manolo2

Ray: ¿Por qué puesto peleas tu?

1 Manolo2

Ray donde andas? ¿Estás sirviendo el café a los xefes o qué?

2 Rayleigh

Que manolón?? Baltar prometeuche empanada? Pobre home..aprende a ler e logo me contas.

3 Manolo2

Raaaay, o café. Pon el café ahora o te echamos...

4 Rayleigh

Vaia Manolón..déronche cenoria hoxe! Nótasete que orneas feliz. Ou é que te puxo quente, verlle os calzóns a Rajoy? Cóntame...

5 Rayleigh

Aquí vemos a manolón, desgranando os seus argumentos: http://www.youtube.com/watch?v=nlzN... Mágoa que non haxa imaxes do manolón nun mitin de Baltar. Debe ser ensordecedor...

6 Manolo2

Raaaaaaaaaaaaaaayy. A limpiar el felpudo y déjate de perder el tiempo que te echamos de la sede.

7 Rayleigh

Pero homiño...que te permite supoñer que te podes enfrontar a min? Estou abraiado polo pouco respeto que os servos da terra teñen polos seus superiores. O teu señor feudal está facendo deixación de funcións.

8 Manolo2

Raaaay, lacayo, a limpiar el WC antes de marchar. Que si no se enfada Iria y ya verás.

9 Rayleigh

Manolo..verás. Vouche contar un segredo agora que ninguén nos le. O mellor te serve para que non te mangoneen demasiado na casa de Baltar. O que pasa no PP, só pasa no PP. Se tes que limpar letrinas xunto con outros, non significa que en tódolos partidos pase o mesmo. Non xeneralices. Ale..agora que o sabes, disimula un pouquiño. Non vaia ser que crean que pensas.

22 Black Crow

Convencer a estos chiquilicuatres del ridículo que están haciendo es como intentar convencer a un socialista en 2008 de que estamos en crisis. El único izquierdista que tiene algo de dignidad es Pepito Blanco, los demás son todos unos cantamañanas, incluída la Táboas por amenazar con hacer lo que todos sabemos que no va a hacer. Y por supuesto, el Gran Cantamañas del bloque que no es otro que el señor Beiras, que anda haciendo el chorras por Bangladesh a cuenta del erario público. Es que hacen buenos al Pacorro y su Mariachi.

1 Manolo2

Lo del Beiras por Bangladesh tiene su gracia, si no fuera porque seguro que nos cuesta un riñón, vía Fundación Galiza Sempre. Otro tinglado bloqueiro chupasubvenciones. Seguro que encuentra paralelísmos entre aquella situación y la gallega. ¿O fue simplemente a desfogar sus instintos?

2 Black Crow

¿Cuantas horas de quirófanos cerrados son necesarias para que el abuelete se nos vaya de vacaciones a Bangla Desh gratis total? La divine gauche galaica tiene mas problemas para ver la crisis que Zapatero.

3 Scarecrow

Cantos corvos haberá que exterminar para que deixen de comer no millo deste vello país?

4 Nilo

A Galicia de Feijoo co 18% de paro por riba da media estatal e subindo cando ia ser, bueno mellor non dicilo, esa é a Galicia que ve ben a crise. Chapó

5 Manolo2

2. Les da igual. Ellos, la gente progre de pasta gansa no suelen tener problemas con sus clínicas para millonarios. Y si les falta dinero crean un nuevo impuesto y se dan una subvención, o crean una asociación con un número de tarificación especial.

21 Imaxinación

O núcleo duro, forte do bloque, está en Pontevedra, mais....só defenden os seus postos de traballo na política mentras soplen os ventos a favor, o malo virá cando isto mude.

1 Imaxinación

Verdade?....

2 xcarlos

o malo é o burato de 7 millóns € que hai no BNG nacional Se non fora por iste pequeno detalle aínda era quen de arranxarse Isto rematou