O BNG inicia a guerra interna cos ollos postos na vindeira Asemblea

Guillerme Vázquez amagou con deixalo, Encontro Irmandiño con votar a favor da dimisión de toda a Executiva e Teresa Táboas foi a protagonista na asemblea de Máis Galiza. O Consello Nacional deixou grandes diferencias entre as distintas correntes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/11/2011 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

As pasadas eleccións supuxeron un punto de inflexión na situación interna do BNG e deron inicio á carreira ou ás batallas polo futuro da formación frentista. As tres grandes correntes do BNG; UPG, Máis Galiza e Encontro Irmandiño non están moi lonxe de chegar a acordos ou puntos comúns, polo menos, nesta primeira fase da preasamblea.

None

Finalmente, nin Guillerme puxo o seu cargo a disposición do Consello Nacional, nin foi ratificado por ninguén para facelo durante o Consello Nacional que o Bloque realizou este sábado e no que houbo artillería pesada por parte de todas as correntes. A UPG foi a única formación que defendeu como bos os resultados e criticou duramente a EI e, especialmente, a Beiras por "airear" fora a situación interna do BNG.

 

Ei, pola contra --sen un Beiras que estaba no Foro Mundial--, criticou duramente os resultados do 20N e pediu a dimisión da Executiva nacionalista --na que non están representados-- logo do amago de Guillerme Vázquez de deixar o seu cargo. 

 

E, Máis Galiza, que tamén foi crítica cos resultados, dixo, pola contra, que "non era momento" de dimisións nin de por os cargos a disposición de ninguén.

Por iso, Vázquez, tras a defensa feita pola UPG do seu papel nos comicios, e o desinterese por parte de Máis Galiza, evitou someter a votación do Consello Nacional o que antes anunciara nunha rolda de prensa. "Entendo que o Consello respalda a miña continuidade", dixo. Tampouco EI propuxo someter a votacion a dimisión de toda a Executiva e, finalmente, desde a dirección de comunicación do BNG sinalábase a varios medios que Vázquez fora "respaldado por unanimidade".

 

Desmentido 

 

Unha versión que foi desmentida categóricamente tanto por EI coms por Máis Galiza que suliñaron, logo da reunión, que Vázquez non foi respaldado por ninguén porque, “non quixo someter a votación a súa decisión de poñer o cargo a disposición do Consello”.

 

E é que o único no que coincidiron as correntes do BNG na xuntanza deste sábado foi en mostrar a súa satisfacción por manter os dous escanos en Madrid. No resto non houbo ningún consenso, principalmente, na valoración dos resultados electorais. Uns resultados que a UPG defendeu como bos. “A min mesmo me chegou a felicitar Zapatero, os de EU, ERC ou CiU”, chegou a dicir Francisco Jorquera.

 

Pero, tanto EI coma Máis Galiza coincidiron en suliñar que os resultados non foran bos e que había que analizar e reflexionar por que se perdían 30.000 votos con respecto aos comicios de hai catro anos.

 

Os momentos de máis tensión foron cando algúns dos que tomaron a palabra –principalmente da UPG— pediron que os debates se dean dentro do BNG e non fóra. Unha clara alusión a Beiras. Algúns dirixentes nacionalistas mesmo foron máis lonxe e chegaron a decir que “se isto non se arranxa polas boas, haberá que arranxalo polas malas”.

 

Teresa Táboas

 

Outra das sorpresas deste sábado foi a dimisión de Terexa Táboas e de Antón Pérez Lema, Luis Barcia e Pablo Fernández Mariñas –todos eles moi próximos a Anxo Quintana—como militantes de Máis Galiza. Unha decisión que xa se coñecía de hai algún tempo pero chegou xusto cando se ía celebrar o congreso desta corrente que elixía a Carlos Aymerich coma candidato desta formación ás eleccións autonómicas.

 

“Desde logo foi un golpe baixo. Non é nada elegante que unha muller que foi conselleira e que tivo cargos de responsabilidade importantes saíra pola porta de atrás só porque non puidera ser ela a candidata de Máis Galiza… Semella máis unha pataleta que outra cousa”, apuntou un direxente desta corrente consultado.

 

“O de Teresa Táboas non é novo. Xa o sabían en Máis Galiza desde hai tempo e Aymerich nunca fixo nada por tender pontes, máis ben, todo o contrario. Só fixo público o que xa se sabía”, apunta outra fonte próxima a ex conselleira.

 

Con todo, a súa decisión molestou na dirección de Máis Galiza que acusa de Táboas de “maniobrar” para desacreditar a Máis Galiza. “Desde logo deixounos nunha mala situación, sobre todo, nun momento que era necesario a unidade para facer fronte á UPG”, concluén desde esta corrente.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 118 comentarios

20 Manolo2

Eso no es un partido. Es una sopa de letras con mil filas por mil columnas. Y todos a palos por las menguantes poltronas, que al final es lo único importante para la mayoría de los que salen en las fotos. Que bueno.

1 Manuel

No PP tédelo moi doado, como sodes todos de extrema dereita non hai conflito algún.

2 Jhonnyrico

Unha pregunta, no PP como vai tedes opinións distintas pero mandan calar ou xa directamente non tedes opinións?

3 Manolo2

1.Ja, ja,ja,ja. Realmente bueno este mensaje.

19 BgJY

Acho que é o momento de que as bases nacionalistas, os independentes, os simpatizantes, os simples votantes, autoconvoquen unha asembleia para desinfectar o BNG e desparasitalo de rodrigueiros, quintanneiros, comevieiras, aymerienses e demas fauna. Todo o poder para o povo.

18 Nilo

Mira que se a UPG só quere unidade teno ben fácil. Que deixen de desbloquear os procesos de renovación por unha vez e que os apoien coa unidade que piden para os demáis. Quitaranlles ao resto de correntes a oportunidades de que os usen como cabeza de turco e daran exemplo de verdadeira unidade. Sempre hai a oportunidade de desfacer unha dirección se esta non resulta ser a idónea.O EI virá cunha proposta lucida e revitalizadora.

17 eumateix

Levamos anos, desde que eu tenho uso de razom, a dizer que temos que esperar a que morram os velhos para que o PP perda e comece a nova era de liberdade, socialismo e tal que sei eu... e agora parece que nos esquecemos de que antes de querer matar os velhos de fora havia que enterrar os da casa, que já cheiravam a morto. O pior é que os novos nom cheiram muito menos.

16 Leres

A p. realidade é que nos estamos a converter nunha organización cada vez máis grisalla, antipática, aburrida, sectaria, refractaria, triste e afastada da realidade. E así nos vai. Non se renova nada, todo está controlado (aparato, listas), todo agás esta hemorraxia agónica de desafección dos votantes que vai ser catastrófica para a nación. Ou renovación total da executiva e do consello e inxección de ilusión ou isto vai a pique. Se agora mesmo xurdise unha cousa como foi no seu día Unidade Galega...

1 Koroshiya Itchy

Porque o BNG, como os outros partidos, virou um fim em si próprio. Um dos grandes retos é precisamente evitar que tal cousa aconteça. Temos de artelhar mecanismos para que as forças políticas que nascem como ferramentas sociais continuem as ser isso precisamente, ferramentas ao serviço da sociedade.