Datos agridoces para a prensa galega no OJD e EGM

La Voz sube no EGM e cae no OJD, mentres Faro é un dos poucos xornais que sobe en vendas no quiosco.

Por Galicia Confidencial | Vigo - A Coruña | 01/12/2011 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Nos últimos días publicáronse as novas vagas do OJD e do EGM, os principais estudios de audiencia en España. Os resultados son agridoces para o diario máis vendido, La Voz de Galicia, que segue a caer en vendas segundo o OJD pero aumenta en difusión segundo o EGM.

Cómpre ter en conta que o principal referente da industria editorial é o OJD, pois detalla a tirada, as vendas en quiosco e outros conceptos como subscricións, exemplares regalados en eventos, etc. Pola contra, o EGM baséase en entrevistas e, polo tanto, nun criterio máis feble, o 'recordo' do entrevistado de ter consultado un medio.

As vendas en quiosco de La Voz caen un 12% nun ano

O OJD de outubro sitúa a difusión de La Voz en 92.167 exemplares, un 6,74% menos que hai un ano. A caída da cabeceira da Coruña está na media dos retrocesos doutros xornais de ámbeto autonómico.

Deses 92.000 exemplares que difunde La  Voz, 48.643 son vendas en quioscos. Isto supón unha caída do 12,8% neste concepto no último ano.

Mellor comportamento segue mostrando Faro, con 37.875 exemplares, é dicir, case as mesmas cifras que hai un ano. De feito, Faro é o único gran periódico non estatal que aumenta, aínda que sexa moi pouco, as súas vendas en quiosco.

A última vaga do OJD non é definitiva, está "sen certificar". Os últimos datos cerficados, de finais de 2010, daban unha difusión de 97.000 exemplares para La Voz, Faro 38.000, Diario de Pontevedra 6.800 e Atlántico pouco máis de 4.000. O resto de cabeceiras galegas non está sometida ao control do OJD. En termos xerais, o mercado da prensa en papel segue a retroceder ao redor dun 10% anual.

Na terceira vaga anual do Estudio General de Medios (EGM), o diario de Santiago Rey obtén uns bos resultados, con 623.000 lectores. Isto supón un aumento de máis do 6 por cento no último ano. Unicamente La Vanguardia, que botou a andar unha edición en catalán, progresa máis no EGM ca Voz. O resto de xornais estatais sofren caídas entre lixeiras (El País 0,4%, El Mundo 3,7%) e moderadas (ABC 12%, La Razón 16%).

Recortes

A situación do sector da prensa galega segue a ser complicada.  O convenio de empresa de La Voz caduca a final de ano e os seus traballadores temen que a empresa execute a súa oferta, na que prolonga o recorte de soldos e só garante o 75% dos postos.

Tampouco os directivos de Faro evitan os recortes, que aplicaron nos últimos meses, entre outros, aos seus fotógrafos colaboradores, facendo aínda máis precarias as súas pésimas condicións laborais até o punto de forzar a marcha dalgún destes profesionais.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 UUUFFFF

EGM: Engaño General de Medios. Se queredes saber quen é quen en internet, visitade Alexa.com...Non segades a tragar rodas de muíño. OJD mide que a VOZ cae en picado en circulación controlada...E tamén hai que mirar OJD con lupa. O EGM é só unha enquisa máis.

5 Koroshiya Itchy

Se as instituições públicas galegas aplicassem com todo rigor o catecismo ultra-liberal como querem alguns, os jornais regionais galegos seriam história. A começar por La Voz de Galicia e o Faro de Vigo, dos demais já nem falo. O triste é que não se perderia nada.

1 Hans

Andaba lendo un portal dixital sobre medios (meios?) e vexo que pon que a Voz ten máis de 170.000 usuarios únicos na edición dixital, a máis de 100.000 de diferenza do segundo, que é o Faro; que suma 2,3 millóns ó mes: que medrou máis dun 10%. Isto non debe de ser certo: de selo, esta páxina tan seria como GC xa o tería comentado, xa que se trata de datos do EGM. Non, non debe ser certo, imposíbellll.

2 qcVC

Joder, en Sabón páganvos por rañar a barriga? Debe ser moi pouco serio, pero non deixades pasar un día sen trolear aquí

3 Hans

Vale, perdoa, síntoo, é moi cruel, xa o sei. A Voz segue subindo moito e tal e cal, bla, bla, acompáñovos no sentimento. Non digo nada máis. Se soubera en portugués, si que diría, mais non sem.

4 Koroshiya Itchy

La Voz cai em picado e vive dos subsídios públicos e tu como propagandista não vales muito ;-) Não é culpa tua, seguro que és só um bolseiro mal-pago.

5 Hans

Ok

4 Raquel

Non sei a qué VOZ se refiren.

3 rosebud

No damos pechado a la coz, pero claro, é o que ten a empresa pública, que inda que dé perdas non pecha nunca...

1 Fidel

A ti, Rosebud, o que che molaría é que pecharan A Voz e tódolos medios libres e que tódolos xornalistas se foran ao paro. O voso ideal é Granma.

2 hans

Vaia maneira máis sectaria e lamentable (perdón: lamentábel) de dar os datos do EGM. Pero, claro, isto é o que é. XDDD

1 Guía para el buen periodista

En esta noticia dar primero los datos del EGM, destacando la subida de La Voz. Titular por el 6% de aumento. Los datos del OJD, en el caso de darlos, no hacer comparaciones con hace 12 meses. Destacar que la difusion de La Voz casi triplica la de Faro. Ni hablar de citar las ventas en quiosco. Por último, el gallego solo se utiliza para cultura (estritamente gallega) y algunas opiniones (estriamente gallegos). En el caso de que haya que utilizarlo, nunca usar la opción -bel, que recomienda la RAG, suena a portugués, y hasta ahí podiamos llegar.

2 Hans

Pouco galego aparece en Cultura, hai máis nas páxinas de política, pola maldita manía esa de respectar a lingua na que fala a xente (no como otros). Aiii, se o EGM fose negativo, como cambiaría este post, eh, amijiños?? XDDD. Pero como é bo hai que buscar algo malo por onde sexa (típico galego). Suxiro: "A Voz, á cola, último, dos seis primeiros diarios do Estado".

3 Cabaleiro

Imos falar claro. A "maldita manía esa de respectar a lingua na que fala a xente" ten que ver algo que ver cos tropecentos millóns que chupa Santi vía DOG. Algo pon nas bases, non?

4 Hans

Que bases nin que ácidos! En que bases pon que hai que manter a lingua da xente nas declaracións ou nas entrevistas!! Eu prefiero o que fan o resto dos xornais galegos: tradución ao castelán ao canto, sexa quen sexa. Así todo o mundo o entende. E esperade aos datos de audiencia da versión dixital, preparade as sales (coño: sales, bases, ácidos). Esta páxina é moi divertida.

5 desfondacranios

tí si que eres divertido, cacho de chuchaespullas (coño: divertido, pavero, pallaso) jajaja, río que escacho

6 Para Hans

La Voz comezou a non traducir as citas ao galego en fucio´n disto, que pego do DOG das axudas para empresas xornalísticas "g) Declaración responsable comprometéndose a respectar, nas informacións redactadas en castelán a lingua das declaracións da fonte ou da persoa entrevistada, sempre que as citas sexan transcritas en estilo directo, e a introducir a oferta positiva establecida no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, cando menos na relación xornalística cos representantes dos cidadáns e cargos de responsabilidade pública. Para estes efectos a oferta positiva consiste na adopción do galego como lingua de contacto inicial entre a empresa e a persoa entrevistada".

7 Hans

Coño, o comando de garda. Ata o que eu lembro, sempre foi asín, non sei a que vén un DOG de maio; boh, que máis dá. O de chuchaespullas é moi bo, eu xa sabía que aquí avía bida intelixente. O car*: como raios quedou o ejeeme??? Que medios galegos suben, baixan, canto, por canto...? Se cadra algún non me entende porque non falo portujés, pero no traductor de Google podedes miralo, ABRIGADO.

8 Hans

Coño, o comando de garda. Ata o que eu lembro, sempre foi asín, non sei a que vén un DOG de maio; boh, que máis dá. O de chuchaespullas é moi bo, eu xa sabía que aquí avía bida intelixente. O car*: como raios quedou o ejeeme??? Que medios galegos suben, baixan, canto, por canto...? Se cadra algún non me entende porque non falo portujés, pero no traductor de Google podedes miralo, ABRIGADO.

9 Hans

Coño, o comando de garda. Ata o que eu lembro, sempre foi asín, non sei a que vén un DOG de maio; boh, que máis dá. O de chuchaespullas é moi bo, eu xa sabía que aquí avía bida intelixente. O car*: como raios quedou o ejeeme??? Que medios galegos suben, baixan, canto, por canto...? Se cadra algún non me entende porque non falo portujés, pero no traductor de Google podedes miralo, ABRIGADO.

10 Para Hans 2

E espero que lle vaia moi ben a lavoz.es. É un medio polo que teño moito respecto pola gran labor que fan os seus profesionais. Nunca me atravería de cualificar o seu traballo de "divertido".

11 Hans

A PPH2: Creo que lle vai moi ben, iso lin. Das que mellor lle vai de Espanha. Non é unha páxina divertida, concordo: divertida é esta. Non se me ocorre forma máis graciosa para dar o EGM que o post de arriba. Ben, nin máis lamentable, acaso como La Gaceta fala do PSOE si sexa máis lamentable, pero pouco máis.

12 desfondacranios

Juans, repíteste chaval, xa te puxeches dos nervios tan prontiño? pensei que tiñas mais recorrido, pero xa vexo que eres tan limitado coma o resto dos trolls que axexan por aquí... En fin, que lle imos facer, éche unha lástima.

13 Hans

Ok, ok, gañaches, es moi bo e asín non hai nada que facer. Hala, pacasa