Guillerme Vázquez: "Eu non son de ningunha corrente"

O voceiro nacional do BNG lembra que hai moitos independentes que non forman parte dos colectivos nacionalistas e augura que a asemblea de xaneiro será "democrática e asemblearia" e que os militantes resolverán todo de xeito "democrático".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/12/2011 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

"Hai moita xente dentro do BNG que non pertence a ningunha corrente. Eu mesmo, por exemplo. Ás veces teño que dicir cousas que son obvias". Guillerme Váquez, actual voceiro nacionalista, dixo este venres o que é unha realidade no BNG; que hai moitos militantes que non son afiliados ou integrantes de ningún dos grandes colectivos e partidos do BNG -UPG, Máis Galiza e Encontro Irmandiño--, nin tampouco dos pequenos como MGS ou PNG-PG, entre outros.

E o dixo para respostar a unha pregunta moi concreta: "fala vostede de que a asemblea será un proceso democrático e libre e que a decisión última a tomarán os afiliados. Entón, está de acordo coa proposta de EI e Máis Galiza de crear unha comisión organizadora da asemblea na que participen todos os colectivos?".

"Decidiremos todos democráticamente, sen apriorismos e as opinións dos demais son libres. Cada quen fará propostas e sairán aprobadas ou non. Cada un pode mirar as cousas como as queira ver. Pero hai unha afirmación que está aí e é que o conxunto da militancia decidirá", dixo para acto seguido puntualizar que hai moitos integrantes do BNG que son "independentes". Moitos destes "independentes", como o propio Vázquez, concurriron na pasada asemblea en distintas listas promovidas polas principais correntes do BNG.

Membros de todas as correntes

Nos últimos días, EI e Encontro Irmandiño chegaron a un acordo para crear unha comisión organizadora do proceso asembleario. Este órgano garantiría "a limpeza" do proceso, e terá "capacidade de dar instrucións" aos servizos administrativos do BNG. Estaría integrado por membros do Consello Nacional e a Executiva e tería membros de todas as correntes.

Segundo fontes da dirección consultadas por GC, tanto a UPG coma Guillerme Vázquez e Montse Prado puxeron "peros" a esta proposta cando foi debatida nos órganos de dirección. Sen embargo, Francisco Rodríguez, líder da UPG, non se opuxo abertamente a apoiala no Consello Nacional deste sábado. En todo caso, e tal e como puntualizou Guillerme Vázquez, este punto será debatido e ratificado ou non nesa xuntanza.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

8 Descojonado

Me descojono....

7 xouba

he he he... o humor de Pontevedra éche así, pavero e sen complexos ¡¡ Guilllerme, campión ¡¡¡ Eu tampocuo son do planeta terra. Si,sei que pode parecer incríbel, mas, son de Marte ¡¡¡

6 Calequera

Se tanto se lle enche a boca falando de independentes porque fan un regulamento que impide que un grupos de afiliados poda presentar candidatura sen ter que votaro a +G, UPG ou Encontro Irmandiño ?

5 Chiquito

Cuñaaooooo

4 Manoliño justache o viño

Es tan mala vuestra web, que se me bloquea el navegador.

1 Manuel P.

Eso é porque seguro que andas co IE ou porque non pagas a factura do ADSL. Os españois tedes taras dese tipo..