Feijóo defende o debate de Casado, a quen ve "preparado" para a Presidencia do Goberno

Lembra que o debate "finaliza hoxe" e sitúa a Iglesias e Rivera como "acompañantes" dun futuro Goberno español.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou o papel exercido polo mandatario estatal, Pedro Sánchez, no debate entre os catro principais candidatos aos comicios xerais celebrado este luns, onde viu a un líder 'socialista' "moi incómodo", sen proxecto económico, político e territorial, fronte a un Pablo Casado "moderado", "tranquilo" e "preparado" para asumir o peso do Goberno de España.

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

Así o sinalou en declaracións aos medios, onde lembrou que "onte foi a primeira parte" dun debate que "finaliza hoxe", aínda que si situou a Sánchez e Casado como os "únicos" que poden optar a gobernar en España e a Pablo Iglesias e Albert Rivera no rol de "acompañantes" dun futuro Executivo.

Sobre o líder de Podemos, Feijóo cre que conseguiu "rabuñar bastantes votos" ao PSOE "de forma clara", do mesmo xeito que acreditou que apoiará a Sánchez nun Goberno de coalición, e que Rivera optou por un ton "incisivo" e "polemista".

Fronte a eles, destacou que o candidato 'popular' falou de "emprego", da "igualdade de todos os españois ante a lei", e que "non gobernará con independentistas nin porá o seu cargo a disposición do independentismo, cousa que se fai Sánchez e que non negou que siga facendo". "

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta