Suárez (FeC) destaca na presentación da súa lista: "Non somos políticos"

Presenta un programa centrado "nas persoas" e "non en base á especulación e ao ladrillo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O alcalde e candidato de Ferrol en Común, Jorge Suárez, deu a coñecer o seu programa electoral para os próximos catros anos ao que cualificou de "sólido, construído a base do esforzo e sacrificio de cidadáns que fixeron moitas achegas e centrado" en algo "fundamental, as persoas".

Presentación da candidatura de Ferrol en Común
Presentación da candidatura de Ferrol en Común | Fonte: Europa Press

Suárez, no local de campaña da súa formación política, en compañía dalgúns dos integrantes da súa lista electoral, detallou que "as persoas deben ser o centro de mira á hora de crear un programa electoral e non construído en base á especulación e ao ladrillo", xa que ao seu entender "os concellos xa non poden ser concibidos como antigamente, como empresas de construción ou de promoción inmobiliaria, senón que deben de ser o centro da axuda mutua entre veciños, vivan tanto na zona rural como urbana".

"NON SOMOS POLÍTICOS"

Suárez quixo remarcar que os integrantes da súa lista electoral non son políticos, senón persoas centradas no obxectivo do "ben común". "Recalcar que nós non somos políticos, somos persoas que durante un período concreto da súa vida vanse a dedicar a facer política, co obxectivo do ben común", asegurou, o que lle valeu para trasladar que o seu obxectivo é "o ben común da cidadanía de Ferrol".

"Téñolles que agradecer a todos os integrantes a súa implicación cun proxecto como é o de Ferrol en Común, en tempos difíciles para a unidade popular", agregou. Suárez sostén que Ferrol en Común ten "moitas opcións de revalidar na Alcaldía", xa que o seu "é o mellor proxecto para cambiar a cidade" e para levar á cidade "o máis alto, coa recuperación de todo tipo de políticas".

A preguntas dos medios de comunicación Jorge Suárez asegurou que o seu obxectivo nas eleccións do 26 de maio pasa por "ter a maioría, 12+1, algo que é evidente e para desta forma non ter que depender de ningunha outra forza política para gobernar" aínda que tamén asegurou que é "realista" e está seguro "que a esquerda é a que vai gobernar, xa que os proxectos desta opción política sempre son mellores para as políticas de proximidade", incidindo en que "baixo ningún caso, Ferrol en Común facilitaría un goberno de dereitas".

PROPOSTAS

Algunhas das propostas que recolle o programa de Ferrol en Común para o mandato 2019-2023 é a "peonalización total do barrio da Magdalena", achegas de axudas públicas para a rehabilitación de varios barrios, o avance no saneamento na zona rural, ademais de volver contemplar a "municipalización da recollida de lixo e limpeza viaria".

Tamén se recollen varias propostas no ámbito social, cun "incremento dos recursos para a infancia e mocidade, maiores e unha especial atención aos inmigrantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta