Por Galicia Confidencial | Teo | 21/01/2012 | Actualizada ás 20:19
O Bloque chegará á Asemblea Xeral do próximo do sábado con dúas listas enfrontadas, a auspiciada pola UPG a través da APU e a que suma a independentes, Encontro Irmandiño e Máis Galiza. O propio Guillerme Vázquez, voceiro nacional e candidato da APU a recuncar neste posto, dixo hoxe que "non parece" probábel que haxa acordo antes.
Este luns remata o prazo para a presentación das listas. Vázquez quítalle ferro a que haxa unha candidatura na que participan todos os críticos coa xestión da UPG na fronte. "Se hai moitas candidaturas parece que é un problema, se hai unha soa, resulta que facemos un congreso á búlgara", dixo en rolda de prensa.
Vázquez prevé "moita participación" na Asemblea, que se organiza no mercado de Amio, preto no polígono Costa Vella de Santiago. O voceiro destacou que os militantes decidirán o futuro da fronte "de maneira democrática e soberana".
Ademais, o portavoz nnformou este mediodía en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión de hoxe do Consello Nacional do BNG.
Segundo informa o gabinete do Bloque, os puntos tratados no Consello do sábado foron os seguintes:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.