Guillerme ve improbábel un pacto antes da Asemblea

Por Galicia Confidencial | Teo | 21/01/2012 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O Bloque chegará á Asemblea Xeral do próximo do sábado con dúas listas enfrontadas, a auspiciada pola UPG a través da APU e a que suma a independentes, Encontro Irmandiño e Máis Galiza. O propio Guillerme Vázquez, voceiro nacional e candidato da APU a recuncar neste posto, dixo hoxe que "non parece" probábel que haxa acordo antes.

Este luns remata o prazo para a presentación das listas. Vázquez quítalle ferro a que haxa unha candidatura na que participan todos os críticos coa xestión da UPG na fronte. "Se hai moitas candidaturas parece que é un problema, se hai unha soa, resulta que facemos un congreso á búlgara", dixo en rolda de prensa.

Vázquez prevé "moita participación" na Asemblea, que se organiza no mercado de Amio, preto no polígono Costa Vella de Santiago. O voceiro destacou que os militantes decidirán o futuro da fronte "de maneira democrática e soberana".

Ademais, o portavoz nnformou este mediodía en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión de hoxe do Consello Nacional do BNG.

Segundo informa o gabinete do Bloque, os puntos tratados no Consello do sábado foron os seguintes:

  • Votación do ditame das emendas ao regulamento da Asemblea Nacional: 49 votos a favor; 36 en contra e ningunha abstención.
  • Votación do ditame das emendas ás teses para a Asemblea Nacional: 47 votos a favor; 36 en contra e 2 abstencións.
  • Orde do día da Asemblea Nacional: 69 votos a favor, 12 en contra e 2 abstencións.
  • Designación dos moderadores/as, secretarios/as e ponentes en comisións e Pleno da Asemblea Nacional: aprobado por unanimidade con 83 votos a favor.
  • Votación do informe de xestión do Consello Nacional: 50 votos a favor e 39 en contra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

3 Robespierre

Membros do BNG, revolucionarios de corazón de todos, participade na toma da Bastilla, non apoiedes ó antergo réxime a piques de esmorecer.

1 Marat

Tes toda a razon, porque se vai a repoñer a un representante tan destacado do antigo reximen como Beiras?

2 Rexuvenisil

Pois o Guillerme parece máis vello aínda, por idade e por ideas

2 exemploaseguir?

O eterno pegote independete, di que eres do partido públicamente dunha vez ou vas morrer antes. A non ser que sexa algo moi persoal como a crenza nunha relixión, porque como método táctico, pedagóxico ou de distración xa non vale.

1 Xonxa

Se che proe ráñate

2 QdeQuintana

moito fode algúns que Guillerme sexa o único non adscrito dos candidatos, pois de jorquera é militante sen complexos da UPG desde decadas, presentase Beiras O Chefe e creador dos Ei grande JEDI do PSG, EN e futuropartido socio liberal de galicia, e aimerich lider fundador de +BNG(plataforma personal presidencial de alcaides), yo sere el gran galleguista de siglo xx1 y si no perez bouza ( o me votas o me voy). Ula frente aplia alternativa a APU, ulos independentes? nomes e reparto do pastel? nin ideas nin ostias...jajaja que panda...

3 Xanti

Guillerme é da UPG aínda que non este afiliado, punto.

4 Manuel

¡Xa non cola upeGALLOS!, a ver se vos enterades dunha vez que nin lle cola aos galeg@s e moito menos á militancia. Vivedes de maneira tan endogámica que aínda vos van saír @s fill@s parvos....

5 exogámico

A protosenadora e unha filla parva? outros estamos a duas velas sen futuro certo e sin un salario decente. Os parvos somos outros, non fai falla ser listo para subir e pillar bó cacho con apoios ainda que se desprecie á militancia como se fose lixo. Non entendo como hai xente que ten algunha esperanza en cambiar unha forma de vida como a imposta pola upg. E van de obreiros e todo iso, tremenda tomadora de pelo.

6 exogamico

tomadura

7 xato

Con todo o mal que o facedes, a veces un ten a dúbida de si votarvos ou non, porque o escaparate é tan cutre, pero con ises candidatos, ou Jorquera ou Aimerich, senon tedes nada mellor, independentemente do grupo do que sexa o "elexido", é mellor que vos retiredes xa, nos tedes nada, nen vergoña siquera.

1 Xanti

Esta non vai ser unha asemblea, vai ser A ASEMBLEA.