Lidia Senra anima a votar porque "o sector agrario e pesqueiro" dependen "moitísimo" das decisións en Europa

A eurodeputada candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas declara que "as persoas nos xogamos moito nestas europeas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A eurodeputada Lidia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas deste domingo, animou a acudir a votar nos comicios ao Parlamento Europeo (PE) porque "o sector agrario, o sector pesqueiro e a clase traballadora" dependen "moitísimo das decisións que se toman na UE".

Senra acudiu a depositar o voto no seu colexio electoral de San Miguel de Sarandón no municipio de Vedra (A Coruña), onde expresou o seu desexo de que "moitas persoas" participen nas eleccións ao Parlamento Europeo.

En declaracións aos medios, Senra explicou que "o Parlamento Europeo parece que está moi lonxe, pero é unha institución que toma moitas decisións que afectan no día a día".

"Espero que á vez que todas as persoas collen a papeleta para decidir os concelleiros e alcaldes de cada municipio, tamén se colla a papeleta para elixir que deputados queremos que nos representen a partir de agora no Parlamento Europeo. Todas as persoas nos xogamos moito nestas europeas", sentenciou.

Lidia Senra. EN MAREA: COMPROMISO POR EUROPA.
Lidia Senra. EN MAREA: COMPROMISO POR EUROPA. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta