Compromiso por Galicia perde poder en Galicia

A formación nacionalista deixou a metade de votos e de concelleiros nestas eleccións, ademais das alcaldías de Muros e de Lalín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/05/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia desínchase en Galicia. Os comicios do pasado domingo supuxeron un importante golpe para esta formación xurdida de diversas escisións do BNG en 2012 ao perder os seus dous bastións en Galicia, as alcaldías de Lalín e de Muros.

Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG.

O partido que agora dirixe Juan Carlos Piñeiro tamén perdeu a metade de votos e de concelleiros con respecto a hai catro anos. Así, esta formación acadou 21 edís nas catro provincias galegas e 7.183 votos.

En 2015, Compromiso por Galicia sacou 18.000 votos e 41 concelleiros, con alcaldías como as de Muros e Lalín. Este último concello, presidido por Rafael Cuíña, ata agora o fortín de CxG, perdeu a alcaldía por menos de 400 votos, ao pasar de seis a cinco concelleiros. De feito, máis dun terzo dos votos colleitados pola formación nacionalista en toda Galicia foron en Lalín, 2.652.

En toda a provincia da Coruña, CxG, obtivo nove edís, ademais dos tres de Muros, e 3.155 votos. En Ourense foron cinco concelleiros e 942 papeletas e en Lugo, dous concelleiros e 452 votos, mentres que en Pontevedra obtivo os cinco de Lalín.

HISTORIA

 

Compromiso por Galicia, que se define como unha formación galega nacionalista, socialdemócrata e progresista, constituiuse en maio de 2012 por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (grupo no que estaba Rafael Cuíña, Teresa Táboas ou Xosé Manuel Pérez Bouza), así como outras tamén pequenas formacións como Terra Galega, PNG-PG, PG, PGD e CG.  A súa formación foi froito das diferenzas co proxecto do Encontro Irmandiño, tamén xurdido tras a ruptura do BNG, e liderado por Xosé Manuel Beiras.

 

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 participou en solitario, despois de fracasaren as negociacións para concorrer con Anova - Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida en coalición. Moitos dos seus membros se pasaron a En Marea tras a súa constitución en decembro de 2015.  O 21 de xaneiro de 2017, tralo segundo Congreso Nacional de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro substituíu a Xoán Bascuas como Secretario Xeral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Perais

Tremendo fracaso. De 18.000 a 7.000. Sobran palabras.

1 Fin de ciclo

La desunión trae la desilusion y finalmente la irrelevancia. Espero que su próximo proyecto tenga como objetivo Galicia y no el engorde y cebo del ego propio (por extensión aplicable a gran parte, si no mayoría, de los políticos patrios (galegos coma ti))

1 Carmelo

Cerro.Moito charlatán buscando o se propio engorde.