Galicia recoñecida como 'Rexión Amiga da Economía Social'

Santiago de Compostela acolle o 4 e 5 de xuño a conmemoración da designación de Galicia como 'Rexión Amiga da Economía Social'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A Comisión Europea recoñeceu a Galicia como 'Rexión Amiga da Economía Social' este ano 2019. É por iso, que o Foro da Economía Social Galega impulsa unha serie de actos para conmemorar esta efeméride, que se celebrarán entre o 4 e o 5 de xuño, cun gran evento en Santiago de Compostela.

Santiago acolle o 5 de xuño a conmemoración da designación de Galicia como 'Rexión Amiga da Economía Social'. XUNTA
Santiago acolle o 5 de xuño a conmemoración da designación de Galicia como 'Rexión Amiga da Economía Social'. XUNTA | Fonte: Europa Press

Así o trasladou en rolda de prensa o portavoz desta entidade, Celso Gándara, acompañado da secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. Este gran acto, que se celebrará no Hotel Los Abetos a partir das 12.00 horas, será a constitución formal do Foro da Economía Social Galega.

A Economía Social e Solidaria, o chamado terceiro sector, representa un modo de facer economía organizando de maneira asociada e cooperativa a produción, distribución, circulación e consumo de bens e servizos, no que están implicados cooperativas, entidades sen ánimo de lucro ou sociedades laborais, entre outras.

Unhas prácticas que o Foro pretende "visibilizar" ante a sociedade, destacando o peso concreto do cooperativos agrario, no que Galicia é "referente no Estado", e entidades que traballan no ámbito de inclusión social, integración laboral e colectivos de atentación á discapacidade, entre outros.

Sobre os actos conmemorativos, ademais de impulsar asembleas das entidades incluídas no Foro, o acto do 5 xuño acollerá unha mesa redonda sobre o futuro da economía social, ademais dun relatorio e outras actividades lúdicas, como a actuación de Guadi Galego. Ao evento acudirá, entre outros, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

UNHA ESTRATEXIA GALEGA

A responsable de Emprego destacou, neste sentido, o "compromiso" do Goberno galego con este modelo, a través da posta en marcha da primeira Estratexia de economía social, impulsada o pasado mes de decembro.

Este plan inclúe 25 medidas ata o ano 2021, co obxectivo de crear 3.000 empregos e ata 300 novas entidades, fomentando a suma de capacidades e a promoción do emprendemento entre os mozos, as mulleres e o rural galego; a sustentabilidade e a identidade, a para darlle unha maior visibilidade a estas prácticas.

Os eixos e obxectivos deste modelo, insistiu a responsable autonómica, deben pasar pola "igualdade de oportunidades", a implantación tecnolóxica e a "intercooperación" entre diferentes entidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta