A Xunta declara que pediu en marzo máis documentación á mineira que quere reactivar Touro e segue co trámite

A conselleira de Medio Ambiente reivindicou a defensa da legalidade por parte do Goberno galego e a "tramitación conforme á normativa". Neste sentido e ante as críticas do parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, subliñou que "ilegalidade ningunha".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A Xunta pediu en marzo nova documentación á empresa que quere reactivar a mina de Touro e O Pino (A Coruña) e segue co trámite deste proxecto, ao suspender o prazo de avaliación ambiental "á espera de recibir" a dita información.

Así o explicou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, a preguntas do viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, no pleno do Parlamento, onde este último criticou que suspendese o prazo, tras alertas sobre a situación dos terreos.

Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

A conselleira reivindicou a defensa da legalidade por parte do Goberno galego e a "tramitación conforme á normativa". Neste sentido e ante as críticas do parlamentario de En Marea, subliñou que "ilegalidade ningunha".

A cronoloxía do proxecto que impulsan Explotacións Galegas (a propietaria dos terreos) e Atalaia Mining en Touro-O Pino iníciase en maio 2017. En xullo dese ano arrincou o proceso de avaliación de impacto ambiental polo trámite ordinario e en agosto empezou a fase de información pública, ata outubro de 2018.

En novembro do ano pasado, a Xunta pediu máis información á empresa e en decembro deulle conta dunha modificación da lei que implica a petición de nova documentación sobre o impacto ambiental.

Xa en febreiro deste ano, a Administración autonómica recibiu esa información "complementaria" e en marzo requiriu nova documentación en materia de prevención de riscos e continúa "á espera", para o que suspendeu o prazo de avaliación ambiental, segundo relatou a conselleira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta