Respirar un aire máis limpo, o reto para mellorar a calidade de vida

A calidade do aire debe ser un valor importante á hora de desenvolver calquera actividade empresarial para favorecer un novo modelo de planeta máis comprometido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2019 | Actualizada ás 00:01

Comparte esta noticia

A contaminación do aire é o maior risco ambiental para a saúde e cóbrase cada ano sete millóns de vidas en todo o mundo. Neste punto, é necesario desenvolver iniciativas para combater este problema, que castiga tanto á rapazada, coma a persoas maiores ou con doenzas respiratorias.

Contaminación, tráfico, atasco, coches, néboa
Contaminación, tráfico, atasco, coches, néboa

A queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas) nas actividades humanas é a

orixe da contaminación do aire. A industria e o tráfico de vehículos por estrada son os

grandes responsables. Pero tamén a agricultura, que debido ao uso de fertilizantes e á

deforestación que xera, produce unha cuarta parte das emisións mundiais de gases de efecto

invernadoiro. O incremento das emisións de CO2 provoca o quecemento global, e este fenómeno, segundo os científicos, é o motor do cambio climático.

Desde Suez España, un grupo que avoga por aqueles modelos de crecemento que consuman menos recursos, marcouse unha "folla de ruta" na loita contra o cambio climático e a

contaminación atmosférica. É o chamado Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sustentable (2017-2021), estreitamente ligado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) aprobados por Nacións Unidas en 2015 xunto coa Axenda 2030.

 

Seguindo estas directrices, para 2021, Viaqua reducirá nun 90% as súas emisións de CO2 derivadas do consumo eléctrico, seguindo a ruta do Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sustentable. Ademais, un dos obxectivos importantes que toda empresa debe intentar cumprir é a redución da súa pegada de carbono, un indicador que mide as emisións directas e indirectas de gases de efecto invernadoiro provocadas por un produto ou servizo ao longo do seu ciclo de vida. 

Para favorecer a mobilidade verde, o 21% dos turismos desta empresa son híbridos ou eléctricos e o 5% das furgonetas son eléctricas, o que supón que o 26% da súa frota é sustentable (e esta porcentaxe aumenta cada ano). A calidade do aire debe ser un valor importante á hora de desenvolver calquera actividade empresarial. A loita contra o cambio climático e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable é un reto que precisamos superar para acadar un novo modelo de planeta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta