A oposición ve "improvisación" na posta en marcha da rede de dinamizadores da FP dual

O Parlamentario do PPdeG César Fernández xustificou a postura do seu grupo porque entenden que a rede de dinamización da FP dual é "un programa experimental" e, polo tanto, a oposición "non pode esixir que se traia un informe sobre a súa implantación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición no Parlamento de Galicia censuraron a "improvisación" da Xunta na posta en marcha da rede de dinamizadores da formación profesional dual e reclamaron que explique o proceso polo que foron seleccionados estes 48 centros, que achegan un docente dedicado a tempo completo a presentar ás empresas este novo modelo educativo.

A proposición non de lei presentada polo PSdeG-PSOE foi finalmente rexeitada cos votos en contra do grupo parlamentario do PpdeG. O deputado popular César Fernández afeou á oposición que "sembre dúbidas" sobre a formación profesional "coma se fose un mecanismo de precarización" cando se trata de "unha ferramenta moi útil" para a "inserción laboral".

Fernández xustificou a postura do seu grupo porque entenden que a rede de dinamización da FP dual é "un programa experimental" e, por tanto, a oposición "non pode esixir que se traia un informe sobre a súa implantación" tres meses despois da súa posta en marcha. E é que, antes, os grupos da oposición -EN Marea, PsdeG e En Marea-- sementaron dúbidas sobre o verdadeiro fin desta rede, así como do proceso de selección dos centros que forman parte dela.

Así, o parlamentario socialista Luís Álvarez cuestionou "o obxectivo" fixado pola Consellería de Educación para lograr no curso 2020/21 que a formación profesional dual teña 5.000 alumnos, unha meta, ao seu xuízo, "pouco realista" dado que na actualidade son menos de 1.000 as persoas matriculadas nestas titulacións. Deste xeito, tras afear a "falta de transparencia nas cifras" que atribueyde Educación, Álvarez asegurou que a posta en marcha da citada rede está a ser "improvisación pura e dura" por parte da Xunta.

Para a parlamentaria de En Marea Luca Chao existen "numerosas dúbidas" sobre este modelo educativo que ve orientado a beneficiar "ás empresas e non aos estudantes", algo que, segundo a deputada rupturista, vai na liña de "a preocupación fundamental do Goberno de Feijóo".

Tamén se mostrou escéptica sobre a verdadeira utilidade da formación profesional a deputada do BNG Olalla Rodil, quen asegurou que os estudantes se converten "en man de obra moi barata para as empresas" coas súas prácticas obrigatorias para finalizar a titulación. Por iso, propuxo que se remita un informe ao Parlamento de Galicia antes de que termine a lexislatura para que a Cámara "velle polos dereitos do alumnado da fp dual".

Estudantes dun ciclo d FP
Estudantes dun ciclo d FP | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta