Non máis frentes

En política todas as opinións son respetables. Todas, posiblemente están emitidas coa mellor das intencións. Pero as ideas lanzadas dende o fragor da batalla ideolóxica nunca son as máis acaídas. Polo tanto a reflexión e a maduración das ideas reclaman prudencia.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 16/02/2012

Comparte esta noticia
Vense dicindo, dende hai un tempo que, para ser útil a unha sociedade, a un páis,  hai que facer unha lectura o máis fidedigna  das causas e dos problemas que ten a xente que o habita e, ter claro, cara onde se quere camiñar. Igualmente é necesario saber que tipo de sociedade queremos para, logo  tentar acadala. Da lectura dos problemas e   da  estructura social  e  humana, e polo tanto sociolóxica, podemos quitar conclusións para afrontar a tarefa política. Polo que, se un fai unha análise baseada no que un quere, pero non no que a gran mayoría social pensa e precisa, pode volver a cair no erro de sempre: predicar no deserto ou crear unha ferramenta inutil.
 
O mundo nacionalista galego está nun momento  moi convulso. Alomenos, dentro del existen dúas formas de ver Galiza e de solucionar os seus graves problemas. O nacionalismo durante un tempo estivo aglutinado nunha fronte política que pretendeu monopolizalo. Tivo un momento de importante éxito electoral pero, nos últimos anos, foise desinflando pois a mensaxe frontista que lanzaba non era nin é comprendida pola sociedade a que se pretende gobernar. No primeiro dos casos, o límite electoral chegou ao seu cenit, e todo  por xogar exclusivamente  no campo da esquerda política. Despreciando que neste páis hai unha vida social que abarca máis aló do límite hoxe confuso esquerda-dereita. No segundo, caso foi o lanzarlle á xente a idea de que imos  liberar o páis, pois somos unha colonia política non sei de quén. E para eso temos que facer unha fronte dividindo socialmente a xente. Graves apreciacións  que  algún dirixentes teñen na cabeza  e que a  gran maioría social non entende.
E claro, a medida que as xentes dun país viven en democracia, non entenden as mensaxes políticas das forzas que os queren representar con  ideas de permanente oposición. E axiña, aparece a crise política do grupo. Agora,  cando o BNG se desangra, Beiras,  persoa que merece todos os respetos, lanza a idea de volver a facer unha fronte ampla e clama polo asamblearismo. Outro erro. Está claro que, saber retirarse a tempo,  é unha virtude  que non todo mundo atina a entender. Pois nun país maduro a xente demanda forzas políticas estables que teñan  as raíces postas na realidade social; forzas, nas que non exista  unha cerrazón ideolóxica nin que dividan ao país entre uns e outros. Ou sexa: os bos e os malos. Outra Fronte, pois  non. Pero ¿fronte quén imos a loitar?  Galiza necesita unha oferta electoral nova que beba do galeguismo, do nacionalismo, que persiga un progresismo social e que sexa independente das organización sociais e sindicais.  E dentro desas coordenadas haberá que traballar  partindo da afiliación individual, para fuxir dos graves erros que tivo e  que cometeu o frentismo.
 
Facer un BNG dous non se precisa.  Para iso xa está  o que hai. Nesta terra hai cabida para dúas forzas políticas. Dúas formas de ver o país. Dúas formas de entender a nosa xente. E  ningunha das dúas opción terá máis valor co da lexitimación dos votos. Dúas forzas que se relacionen, que coíncidan e que discrepen. Pero non hai cabida para outra Fronte que se consuma nun asamblearismo esteríl, e que soio serva como elemento de catarse para os militantes asistentes.  Eu, como galego e  como persoa xa desvinculada orgánicamente do Bloque, reclamo o nacemento dunha forza política que sexa capaz de cubrir o espazo que a día de hoxe non foi capaz de cubrir o frentismo.  Deixémonos de leria; de mirarnos a nos mesmos e fagamos a opción política que demanda moita xente e poñámonos a traballer polo ben desta terra que hai moito que facer.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com