Temas: FRASEOLOXíA

Formas de dicir galegas equivalentes a “darle una paliza a alguien” (3ª –e derradeira– parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 23/06/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Rematamos, daquela, co tema das voces e secuencias expresivas de que dispomos no idioma galego para dar conta do significado de lle dar, á mantenta, moitos golpes a unha persoa ou animal.

Combate de Vale Tudo
Combate de Vale Tudo | Fonte: temposgalegos.net

Dar a alguien una (buena) paliza # tunda # zurra # soba # felpa # solfa # somanta # tocata # tollina # zamina # zurribanda

{= Darlle moitos golpes, á mantenta, a alguén (ou mesmo tamén a un animal).}

[EMPREGANDO VOCES RECOLLEITAS NO DRAG CON ESTE SGDO.]: Darlle unha (boa) malleira # boura # brea # carpanta # felpa # frega # marimba # palerma # quenta # soba # tunda # xota # zurra

[EMPREGANDO OUTRAS VOCES OU BEN NON RECOLLEITAS NO DRAG OU BEN NON RECOLLEITAS CON ESTE SGDO.]: Darlle unha (boa) chea # cagadura # chosca # malladura # peta # petada # sacudida # sacudidura # socha # tolena # xaveca # xiba

Ex.: Cuando le dijeron lo que había hecho, fue a su encuentro y le dio una buena paliza.

Cando lle dixeron o que fixera, tívolle o camiño e deulle unha boa malleirabourabreaquentacheacagadurapetatolena.

● Tamén, mediante unicamente formas verbais, e máis ou menos axeitadas en función dos distintos contextos:

Zurrarle && Atizarle && Canearlo && Pegarle && Golpearlo && [E INDA, NALGÚN CA OUTRO CONTEXTO]: Apalearlo

Sacudilo # Sacudirlle && Mazalo && Mallalo && Brealo # Brearlle && Baterlle && Bouralo # Bourarlle && Moelo && Tascanealo && Zoscarlle && Zorregarlle && Zouparlle && Petarlle && Zumbarlle && Zurrarlle && Cascarlle && Lascarlle && Atizarlle && Pegarlle && Golpealo && Adubalo && Cofealo && [E INDA, NALGÚN CA OUTRO CONTEXTO]: Apadumalo && Apancalo && Abatanalo

● Mesmo tamén, en certos contextos:

Partirle # Romperle la crisma # la cabeza

Partirlle # Romperlle # Fenderlle a crisma # a cabeza

● E inda, igualmente en contextos, e asociadas a un rexistro moi popular ou vulgar:

Darle (de) hostias hasta en el carné de identidad

Darlle unha (boa) farta de hostias # unha (boa) caldeirada de hostias # un (bo) carro de hostias # un (bo) caldeiro de hostias && Darlle (de) hostias ata no carné de identidade && Darlle máis hostias ca a un mono

NOTAS:

1. Polo que respecta ás formas verbais reflectidas no primeiro “Tamén”, cómpre ter en conta que varios deses verbos admiten, a maiores, a rección da preposición en. Exs.: mazaron nel, mallaron en nós, brearon neles, bateron en vós, bouraron nel, moeron neles, zouparon en min, golpearon en ti.

2. Tamén cómpre facer notar que para varios deses verbos a acepción que aquí se reflicte non aparece recolleita no DRAG (inda que si, por suposto, noutras fontes das que aparecen na relación final), como se pode comprobar a seguir:

Cofear (DRAG): verbo transitivo e pronominal Cofar. O neno cofeaba o gato para que fose máis manso. Cofear unha tixola. A vaca cofeaba o lombo contra un toro de carballo. Tiña unha alerxia e non paraba de cofearse.

Adubar (DRAG): verbo transitivo Adobar. Adubar o peixe. Adubaba o relato con anécdotas curiosas.

Lascar (DRAG): verbo transitivo 1. Facer lascas de [unha pedra, madeira, metal etc.] Lascar unha lousa. 2. Botar as redes] ao mar. Coa primeira luz do día os mariñeiros lascaron o aparello. Sinóns.: calar, largar.

3. As expresións galegas están tiradas das fontes que a continuación se indican:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martín Sarmiento: Material lexicográfico elaborado por Frei Martín Sarmiento entre 1745 e 1770. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego, publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta