O paraíso Ikea comeza a agretarse

Os traballadores maniféstanse porque a multinacional de moblería despide compañeiros se non cambian a súa xornada. Dos 400 empregos comprometidos por políticos e empresa, só hai contratados 290. Os operarios máis afortunados cobran uns 900 euros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/03/2012 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A tenda de IKEA, que as administracións local e autonómicas presentaron como un gran avance para o emprego na Coruña, xa botou a máis de cen dos 400 traballadores que a empresa e as propias administacións comprometeron que se crearían.

None

UXT maniféstase, Fetico cala

Convocados polos seus representantes sindicais da UXT, os asliarados concentráronse onte diante do centro comercial Marineda City.

"Esta concentración esta motivada por conflitos laborais, entre eles o recorte en salarios de algúns trablladores eliminando o complemento que percibían por estar dispoñíbeis sábados e festivos; e polo despido de algúns traballadores, o último por negarse a modificar a súa xornada laboral", explica o comité nun comunicado público. Os proletarios manifestáronse cunha faixa co lema "non aos despedimentos inxustificados, readmisión xa".

UXT denuncia que a maioría dos traballadores que aínda se manteñen na tenda non cobran nin 900 euros se son dos privilexiados que teñen xornada completan. A maioría, contratados a tempo parcial, non chega aos 500 euros ao mes. A mellora das súas condicións laborais é complicada, pois a maioría dos seus representantes están afiliados a Fetico, central sindical cunha longa historia de denuncias por estar controlada pola patronal das grandes distribuidoras.

A multinacional sueca contou con importantes apoios políticos para instalarse na Coruña. Malia o evidente prexuízo que supón as moblerías locais, frecuentes até hoxe en Galicia, os políticos competiron por saíren nas fotos das inauguracións.

Así o ex-alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, sacaba peito presumindo que Ikea escollera A Coruña porque o "Concello planificou correctamente o desenvolvemento da cidade". A Xunta tamén realizou importantes investimentos en asegurar que Marineda City tivese as mellores condicións de acceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

16 Bosh

Yo creo q las manifestaciones hay q dejarlas para cosas realmente relevantes.La realidad es q cuando una empresa echa a un trabajador el sindicato debe asesorarle y el es q tiene q decidir si tomar acciones legales o no,asi que en este punto la manifestacion estaba fuera de lugar.Despues a ugt se le llena la boca hablando de fetico cuando ellos n hacen nada mas pretenden engañar a los trabajadores con una absurda manifestacion q casualmente se hace por un tema de domingos q afecta a gente del sindicato y a pocos mas;pero donde esran los temas q afectan a toda la empresa? En fin solo decir q lo de los sueldos es una mentira absurda y lo de los despidos tambien, asi q Ugt q n intente engañar a la gente!!!

15 sindiman

Todo esto por el despido de un trabajador al que se indemnizo con 45 días por año como marca la ley que fue negocida hace siglos por la UGT y CCOO. Que manera de manipular la información!!

14 Carlos78

Una ultima puntualización: en la foto de la concentración se ve a unas 20 personas, pues os diré quienes eran: liberados sindicales de UGT, delegados sindicales de UGT.....no había trabajadores de ikea. A los periodistas les diria que se informaran bien antes de publicar y manipular a la gente.

13 Carlos78

Como trabajador de Ikea A Coruña, tengo que decir que esta noticia está totalmente manipulada y sesgada. Si bien es verdad que en la apertura eramos casi 480 trabajadores, ahora estamos por los 300. Pero no han sido despedidos, sino que eran contratos temporales que no se renovaron. Ahora mismo el 90% de la plantilla es indefinida. Y lo de los sueldos también es mentira. Un trabajador a 20H semanales ingresa sobre los 570€ mientras que uno de 40H ingresa 1050€. Como siempre se manipula la informacion. ¿Por qué no cuentan los de UGT estas cosas? Porque no interesa...es mejor meter el miedo en el cuerpo, y como siempre las calumnias venden más. Yo estoy encantado con mi trabajo, pues tengo una jornada de 4H diarias, y después puedo continuar con mis estudios.¿ Me quiere decir alguno en que empresa del sector de distribución te pagan 570€/mes y dos pagas extra por 20H a la semana?

12 jose

Vaia tonteria de articulo, hai anos que estas condicións laborais se dan en todas as grandes superficies, xornadas de 20 horas semanais por 400 euros, e agora porque a catro nenos mimados, que pensaron que ian traballar na NASA, lles deixan as cousas claras e lles fan ver que non son mais que simples mozos de almacen, se queixan parece que e unha revolución. Con isto non quero dicir que sexa bo, pero haberia que ter feito algo moito antes non agora porque a un ou a dous non lles guste IKEA. Informovos igualmente que no Marineda City hai máis tendas que esa, non se fixeron os accesos e todo eso so para unha multinacional senon tamen para toda a superficie comercial.