Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/03/2012 | Actualizada ás 10:52
A tenda de IKEA, que as administracións local e autonómicas presentaron como un gran avance para o emprego na Coruña, xa botou a máis de cen dos 400 traballadores que a empresa e as propias administacións comprometeron que se crearían.
UXT maniféstase, Fetico cala
Convocados polos seus representantes sindicais da UXT, os asliarados concentráronse onte diante do centro comercial Marineda City.
"Esta concentración esta motivada por conflitos laborais, entre eles o recorte en salarios de algúns trablladores eliminando o complemento que percibían por estar dispoñíbeis sábados e festivos; e polo despido de algúns traballadores, o último por negarse a modificar a súa xornada laboral", explica o comité nun comunicado público. Os proletarios manifestáronse cunha faixa co lema "non aos despedimentos inxustificados, readmisión xa".
UXT denuncia que a maioría dos traballadores que aínda se manteñen na tenda non cobran nin 900 euros se son dos privilexiados que teñen xornada completan. A maioría, contratados a tempo parcial, non chega aos 500 euros ao mes. A mellora das súas condicións laborais é complicada, pois a maioría dos seus representantes están afiliados a Fetico, central sindical cunha longa historia de denuncias por estar controlada pola patronal das grandes distribuidoras.
A multinacional sueca contou con importantes apoios políticos para instalarse na Coruña. Malia o evidente prexuízo que supón as moblerías locais, frecuentes até hoxe en Galicia, os políticos competiron por saíren nas fotos das inauguracións.
Así o ex-alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, sacaba peito presumindo que Ikea escollera A Coruña porque o "Concello planificou correctamente o desenvolvemento da cidade". A Xunta tamén realizou importantes investimentos en asegurar que Marineda City tivese as mellores condicións de acceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.