Política Social gasta en propaganda o mesmo que lle custaría crear 2.000 prazas máis en residencias

A Xunta destina un millón de euros a grandes xornais para visualizar que en Galicia "as persoas maiores teñen dereito a facerse maiores como elas libremente desexen", mentres que existe unha lista de espera importante para atopar prazas en residencia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social ten aberto un concurso de publicidade para vender nos grandes medios de comunicación as súas políticas no ámbito da terceira idade. Un concurso que custa un millón de euros que serán repartidos entre os grandes xornais, cando en Galicia existen importantes listas de espera para entrar, precisamente, nunha residencia da terceira idade.

Unha de cada catro persoas que viven en Galicia son maiores de 65 anos. Deles, hai preto de 60.000 persoas que reciben algunha prestación da lei de dependencia. E hai outras dez mil que teñen ese dereito, pero non contan con ningunha axuda. Entre elas, unhas 1.600 agardan por unha praza nunha residencia pública. De feito, e tendo en conta o custe medio dunha destas prazas --segundo a Xunta sobre 500 euros--, o Goberno galego podería custear 2.000 novas prazas durante un mes co diñeiro que destina a esta campaña publicitaria.

Tamén se podería destinala aos Bonos Autonomía en Residencia, unha medida ao estilo Bono Concilia para as escolas infantís, que a Xunta puxo en marcha para permitir aos maiores contar cunha prestación económica para sufragar un centro privado mentres esperan pola residencia pública. A axuda é de 490 euros ao mes. Polo que, tamén se poderían poñer en marcha 2.000 novos bonos co diñeiro que se destinan a pagar aos grandes medios de comunicación.

publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,
publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,

AS "OPORTUNIDADES" DOS MAIORES

"O volume de poboación maior que ten a nosa comunidade non debe ser visto como un problema, senón como unha oportunidade de aprender da súa experiencia e mellorar o noso sistema de benestar", apunta a Consellería de Política Social na posta en marcha desta nova campaña publicitaria. Para este departamento, unha persoa maior "non é un suxeito pasivo", senón un "suxeito activo, que ten o dereito de escoller como e onde desexa ser atendido". "Por iso o Goberno galego está a traballar para ofrecer sevizos de calidade, en cantidade suficiente e con tanta variedade como reclaman os nosos maiores", indica.

Por iso, con esta campaña publicitaria, a Xunta quere "vender" o seu "amplo catálogo de recursos, de diferentes tipoloxías e adapatados ás circunstancias concretas de cada persoa maior". Entre estes recursos que quere publicitar está o xantar na casa, a teleasistencia avanzada, o Servizo de Axuda no Fogar, máis prazas públicas de residencia e de centro de día, as novas casas do maior ou as prestacións económicas para axudar ás persoas a financiar o servizo que eles desexen.

O obxectivo da campaña, segundo Política Social, "debe ser visualizar que en Galicia as persoas maiores teñen dereito a facerse maiores como elas libremente desexen". "Cada unha e cada un deles presentan unha situación, unhas necesidades e unhas preferencias diferentes, que cómpre atender e ter en conta", engade o documento.

O total da campaña será un millón de euros a repartir en dúas anualidades, 2019 e 2020 con campañas de publicidade en televisión, prensa xeralista, prensa especializada, radio e edicións dixitais de medios.

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez
Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez | Fonte: canarias7
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Gamela

Por que non se denuncia a nova política de pago para suscritores de LVG cando é un dos xornais que máis cartos públicos leva cobrados nos últimos anos? Será que estamos de acordo en que LVG cobre DÚAS VECES polo mesmo?

3 Trix Laminado

E canto leva gastado, xusto no mesmo, o nacionalista Concello de Pontevedra? Ao mellor, sobre este asunto, agora solta algo o fulminantemente cesado xefe de prensa, e antes todopoderoso xefe de gabinete do alcalde Lores.

2 Xan de Rianxo

Para cando facemos unha reportaxe sobre canto nos custan os liberados sindicais dos servizos públicos? Mínimo 400 liberados, a 50.000 €, 20 millóns.

1 Galeguiña

Non sei a conto de que se fala disto. Fai pouco apareceu neste xornal unha nova relacionada co diñeiro que se vai destinar para a promoción e o uso do galego entre a xente mais nova e en diversos ámbitos da vida social: 17 MILLÓNS DE EUROS!!! Cantas plazas se poderían crear en residencias con estes cartos? Cantos profesores de apoio se poderían pagar? Cantos médicos, enfermeiros/as, ou persoal sanitario (PAC, Urxencias...) poderían mellorar a súa laboura con este diñeiro? Pero claro, como son para o galego, e dese conto e os seus chiringuitos asociados vive moita xente...

1 chas

xa está o galefóbo como non.... defendendo as corruptelas a malversación e o despilfarro para manter contentiños os panfletos subvencionados e manipuladores e por suposto antigalegos.

2 chas

https://www.publico.es/politica/con... subvencionado...como non polo goberno de deita e pepeiro,,,para amiguetes sempre sobran cartos

3 Ems

Mesturar tódolos temas. Coidar dun patrimonio como é a lingua é igual de importante cas cousas que mencionas. A educación é unha ferramenta para o futuro. Antes deixar que caiga o portico da gloria a perder a nosa lingua.