Artigos de Manuel H. Iglesias

As debilidades da democracia

Cando no canto da racionalidade mandan os impulsos máis primitivos, o que acontece non debe extrañarlle a ninguén. Feijoo, o presidente da Xunta e mandamais do PP galego, deixouno clariño dado que xa percibia quen era o persoeiro: Jácome será letal para Ourense, dixo.

Erro histórico

O acontecido coa votación da reforma laboral hai uns días, ademais de sacar á luz trampas que lembran ó Tamallazo que hai anos aconteceu na Asamblea da comunidade de Madrid, pon de actualidade cuestións que poden pasar factura ós partidos que emitiron un voto contrario a validar o decreto desa reforma.

Llegó la Mami...

“Llego la mami, La reina, la dura, una Bugatti. El mundo está loco con este party. Si tengo un problema no es monetary. Yo vuelvo loquito a todos los daddies. Yo siempre primera nunca segundary. Apenas hago doom, doom, Y le tengo dado zoom, zoom, por Miami...”

O cabalo de Atila

Anos atrás pregunteille a un compañeiro, que era concelleiro nunha vila desta provincia, como era o alcalde dese lugar. E con certa retranca contestoume: que queres que che diga, non fai nada, mais tampouco derrama.

Nadal da saudade

Ai Nadal da miña infancia e tamén da mocidade, cantas lembranzas me traes, cantos cantos e saudades. Cantas xuntanzas pasaron onde os bos desexos saen nas noites frías de inverno nesta casa e noutros lares. Neste solsticio do ano as esperanzas renacen e os desexos máis fermosos brincan ledos polo aire. Ai Nadal cantos recordos, cantas festas familiares, cantos so seres queridos, canta ledicia e pesares. Nesta terra tan fermosa todos queremos cantarche e pedimos paz no mundo, moito amor e liberdade.

Unha area no zapato

Hai pactos políticos que resultan ser moi perigosos. Os refráns teñen na súa existencia moita sabedoría. Por iso lembro un par deles: Dime con quen andas e direiche quen eres. Ou aquel outro: o que con rapaces se acosta... E hai máis semellantes que veñen a dicirnos que hai acordos que é mellor non facelos pois poden pasar factura electoral.

Serrat e os cantautores

Alá polo 1968 escoitei a primeira cantiga de Joán Manuel Serrat. Lembro que merquei nun estanco de Ponte Canedo unha revista que se chamaba Fans e nela viña unha cantiga co texto en catalán cos acordes de guitarra. Tamén traía unha foto do artista. A cantiga chamábase: Canço da matinada.

SOS OURENSE!!!

O Concello de Ourense dende hai dous anos camiña nunha deriva na que todo o andando en épocas anteriores está a ser ou abandonado ou desfeito.